A Utilidade dunha Páxina Web
A páxina web, hoxe en día, debería ser o centro da estratexia de comunicación de calquera proxecto: É a ferramenta desde a que podemos levar a cabo as principais accións de comunicación. A utilidade dunha paxina web é a de Presentar e dar Visibilidade ao noso proxecto. Son as dúas funcións que debe cumplir. Explicamos neste artigo como podemos levar a cabo todo esto.
Funcións dunha Páxina Web,
(e as Accións que podemos levar a cabo)
A.- Presentación
É a plataforma desde a que mellor se pode explicar un proxecto: a misión, a mellora que podemos aportar á sociedade. E tamén é a plataforma para contar ao mundo as accións que facemos… Antes facíanse folletos publicitarios, pero agora temos as páxinas web para explicar o que facemos, quen somos, e donde estamos.
Suliñamos aquí dous aspectos que debemos ter en conta cando definimos a nosa web:
– Débese deseñarse de maneira que presente a nosa solución para un problema ou unha demanda existente na sociedade.
– Debe transmitir confianza: A mellor forma de facelo é amosando os nosos coñecementos, porque os expertos son confiables. A través dunha web podemos demostrar o noso nivel de coñecementos, o noso dominio sobre noso sector. Na web, contar cun blog é a ferramenta perfecta, máis debemos ter en conta que ademáis de ter os coñecementos e de saber escribir para transmitilos, tamén debemos contar co tempo para facelo.
As Accións que debemos levar a cabo son aas encamiñadas a non descuidar a presentación do noso proxecto. Do mesmo xeito que miramos pola pintura da fachada, ou da limpeza das instalacións, debemos tamén mirar pola nosa páxina web, para que transmita en todo momento o que queremos transmitir.
Esto implica unha revisión e mellora periódica dos contidos, para que se adapten en todo momento á descrición real da nosa actividade.
Se queremos e podemos dar un paso máis, o emprego dun blog como medio para transmitir os nosos coñecementos, a través de contidos que poidan ser de interese para os nosos destinatarios, pode constituir unha ferramenta importante para posicionarnos como expertos e xenerar confianza.
B.- Visibilidade
Existen diferentes ferramentas e accións que podemos realizar desde a nosa web para acadar visibilidade.
Para os proxectos locais, os novos medios dixitais presentan unha oprtunidade para achegarse a audiencias moi específicas. É moi importante definir, sempre previamente, o público ao que nos queremos dirixir. Esto debe formar parte dun Plan de Márketing que é parte dun Plan de Empresa. Son análises previas nas que imos establecer tamén os medios que semellan máis axeitados, a mello forma de que as nosas mensaxes cheguen ao noso público, cando analizamos a nosa propia e peculiar realidade.
Podemos realizar diversas Accións, todas elas desde a nosa web, para incrementar a nosa visibilidade:
– SEO:
É a acción maís potente, hoxe en día para incrementar a visibilidade do noso proxecto. Desenvolvo esto máis polo miudo neste artigo.
O máis efectivo é traballar contidos de calidade. Un blog é a ferramenta perfecta para esto. Podemos explicar ao mundo o que facemos e mostrar o nosos dominio sobre o sector no que operamos. Deste xeito posicionámonos como expertos e deste xeito xeneramos confianza. Pero ten un problema: Require tempo.
Máis información sobre este tema neste artigo sobre SEO para comercios e proxectos locais.
– Redes Sociais:
Todos as usamos hoxe en día. É doado. O máis complicado é usalas ben: Atopamos incluso proxectos -os pequenos e con menos recursos- que basean toda a súa comunicación nas Redes Sociais (un erro importante que explico nestoutro artigo). Tendemos a sobrevaloralas porque consumen unha boa parte do noso tempo, porque buscan o noso tempo, porque realmente viven do noso tempo…
Pero as Redes Sociais, ben usadas, son unha importante plataforma para a comunicación coa nosa contorna, e a través delas podemos tamén xenerar tráfico sobre a nosa web que nos beneficia de varias maneiras.
Existen diversas maneiras de integrar a nosa páxina web e as redes sociais.
Máis información sobre este tema nestoutro artigo: PYMES: Bo Uso e Mal Uso das Redes Sociais
– Mail márketing e sistemas de mensaxería.
Os medios dixitais posibilitan a localización de audiencias máis alá do que nunca permitiron os medios tradicionais.
Podemos realizar campañas orientadas a zonas xeográficas, a intervalos de idades, etc, a través dunha importante variedade de medios dixitais. Detrás sempre estará unha base de datos, que pode seer de dous tipos: externa ou interna. Recurrimos ás bases externas cando facemos uso, por exemplo, dunha campaña en redes sociais. Son bases internas as elaboradas por nós, que empregamos cando nos poñemos en comunicación cos contactos da nosas axendas: chamadas de teléfono, mensaxerías, correos electrónicos…
As bases internas permiten un maior grado de control sobre a eficacia do proceso de comunicación, e a receptividade dos nosos destinatarios é moito maior cando reciben mensaxes a través deste tipo de medios. Ademáis, se organizamos correctamente estas bases de datos, permiten automatizar mensaxes a centos de contactos cun coste económico igual a cero.
– Soporte para a comunicación off-line
Non todo é on-line: Se falamos de publicidade, os medios tradicionais seguen contando cunha audiencia importante. Moitas veces é un complemento interesante para chegar a quen non podemos chegar coa comunicación on-line…
Pero non se trata de publicidade únicamente: Popularizáronse os códigos QR que permiten que, a través de soportes físicos, persoas interesadas poidan achegarse a contidos específicos -ofertas, formularios, información de interese, etc- que elaboramos e publicamos nun espacio concreto da nosa web.
Necesitas Axuda co teu Proxecto?
Pedir Presuposto
Podes empregar este formulario para pedir un presuposto.
Non hai tratamento automatizado.
Responderase o antes posible!!
Información de Contacto:
Información de Contacto:
Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.