Traballo con pemes industriais e empresas técnicas que queren vender máis e funcionar mellor.

Dirección comercial externa · Procesos · CRM/ERP · Contidos · SEO · Dixitalización práctica

Bo produto e boa reputación non sempre chegan. Ás veces o freo está dentro.

O que fago

Entro nunha empresa, escoito, e poño en marcha o que fai falta.

Estruturo equipos comerciais, deseño procesos, implanto ou melloro CRM e ERP, creo contido sectorial, traballo o SEO técnico e integro ferramentas dixitais no día a día da empresa.

Sen receitas universais. Con coñecemento real do negocio.

Traballo en acompañamento mensual, como apoio externo á dirección comercial. Non como unha axencia.

Experiencia

Levo máis de dez anos traballando con empresas reais en Galicia. Non desde unha axencia — desde dentro.

Nos últimos anos acompañei dúas empresas galegas nun proceso de transformación comercial e dixital. Sectores distintos, situación de partida similar: vendas estancadas, procesos pouco definidos, ferramentas pouco integradas e moito coñecemento interno que podía aproveitarse mellor.

Resultado en ambos os casos: crecemento sostido do 30-50% anual durante catro anos consecutivos. Equipos máis estables, procesos documentados e ferramentas integradas no día a día.

O importante non foi só vender máis. Foi deixar unha organización máis preparada para seguir medrando.

Como traballo

Primeiro escoito. Falo coas persoas que venden, atenden, presupostan, instalan, administran ou toman decisións. Quero entender como funciona a empresa antes de propoñer nada.

Despois ordeno. Identifico onde se perden oportunidades, que procesos necesitan máis claridade, que ferramentas poden axudar e que comunicación necesita mellorar.

E logo executo. Podo asumir parte do traballo, coordinar equipos ou acompañar a dirección para que as melloras non queden nun documento.

Traballo mellor con empresas que queren implicarse no cambio, non delegar un problema para esquecerse del.

Existing Users Log In
   

Acceso a Formación

Nesta páxina poderás atopar, ademáis dos artigos publicados no blog público, outros artigos orientados específicamente á formación.

Esta parte da páxina é para uso das persoas que están detrás dos distintos proxectos cos que traballo, e os temas a tratar nesta área de formación veñen definidos polas necesidades deses proxectos.

Por iso, se tedes propostas, non deixedes de facelas!!

Outras vías para a formación

Ademáis de contidos on-line, tamén é posible realizar Talleres prácticos e, para temas específicos, conectarnos a través de videoconferencia con TeamViewer/Zoom.

(+info)

Sistemas de Xestión

Implantación de ERP / CRM

Sistema completo e adaptable que integra a facturación, xestión comercial (terceiros, presupostos...), control de almacéns, TPV, etc, etc.

Marketing

Para proxectos locais

Solucións escalables, a medida, desde unha web para un posicionamento on-line ata solucións específicas (mailing, e-commerce, integración off-line, etc).

Fotografía de Produto

Para e-commerce e redes sociais

Ofrecemos procesos que permiten obter imaxes profesionais a prezos asumibles. Solucións pensadas para PYMES, autónomos e proxectos locais.