675 89 01 63 info@xan-martinez.com

Información:

Estudiei Comunicación (Publicidade e Relacións Públicas). Rematei a licenciatura no 1997, e comencei a miña vida profesional traballando en axencias de publicidade. Desde entón veño prestando servicios de comunicación a proxectos de sectores moi diversos: pequeno comercio (mobiliario, consumibles, restauración, etc), asesorías, construcción, seguros, proxectos agrarios…

Xa bastante cedo, as miñas inquedanzas leváronme a traballar a prol da economía local, de proxectos asentados no territorio: No 2003 iniciei un proxecto para o desenvolvemento do sector agroecolóxico, primeiro en forma de asociación e despois, desde o ano 2004, en forma de cooperativa de consumidores (A Xoaniña S. Coop. Galega) no que traballei durante 10 anos, ata o 2014.

Desde o 2015 sigo a traballar no desenvolvemento da Ecotenda78, proxecto familiar a través do que comercializamos produtos ecolóxicos e locais. A  web da Ecotenda78 está integramente realizada por min, e pódese ver unha mostra do que podo facer: desenvolvemento on-line, fotografía, etc. Habería que engadirlle o que está por detrás, o que non se ve: sistemas de xestión, sistemas de comunicación con clientes, etc.

Estou interesado en traballar con empresas e proxectos locais. Se pensas que podo axudar… falamos!!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar