Aparecer en Google – Guía Básica para Comercios e Proxectos Locais

Aparecer no directorio de Google é fundamental para proxectos locais e comercios de barrio, tanto en maps como nas búsquedas orgánicas.

No 2022 mudou o nome. Pasou de ser Google My Business a Google Business Profile. Tamén mudaron algúns detalles do seu funcionamento.

Neste artigo falamos de optimizar a presencia do noso proxecto neste directorio.

[google-translator]

(Tradución automática)

Intro

Google é o escaparate fundamental para negocios físicos que ofrecen produtos/servizos (tendas de mobles, alimentación, restauración, librerías / avogados, profesións sanitarias, asesorías, etc, etc, etc…), pero tamén para servizos que se ofrecen en áreas xeográficas determinadas (carpinteiros, electricistas, etc, etc…).

Falamos aquí de búsquedas locais, dos casos nos que empregamos un buscador -como Google- para buscar unha ferretería, un restaurante ou un fisioterapeuta, por exemplo. Son búsquedas moi diferentes do outro tipo de búsquedas que podemos facer, máis xenéricas, como por exemplo nas que buscamos para satisfacer algún tipo de coñecemento (“Mejores portátiles 2022”, “Rita Hayworth”… etc).

Aproximadamente a metade das consultas realizadas en Google teñen unha intencionalidade local, e dous tercios destas convírtense en accións de compra.

O que tratamos neste artigo é “o principio da A” do ABC do que se coñece como SEO local (SEO = Search Engine Optimization = Optimización en Motores de Búsqueda).

Conceitos básicos

Google ten unha gran base de datos de empresas locais. Calquera empresa pódese dar de alta nesta base datos. Desde o 2022 opérase a través de Google Maps.

Hái dúas formas de xestonar a fica da nosa empresa:

Crear a Ficha: É o propietario da empresa quen crea a súa propia ficha. (Despois veremos o básico deste proceso).

Reclamar a Ficha: O que temos que facer cando calquera usuario xa notificou a Google da existencia da nosa empresa. Google “gamificou” este proceso e conseguíu un gran éxito.

Os datos básicos da nosa ficha

Non é o obxectivo deste post o de afondar demasiado, porque o faríamos demasiado extenso… Pero deixar únicamente os tres aspectos máis importantes que debemos atender nos datos da nosa ficha:

O Nome

Aconsello poñer o nome real da empresa, e non poñer unha “palabra clave relacionada” pola que pensamos que nos poden buscar.

Google está tratando de mellorar a relevancia dos resultados que ofrece. Se detecta que aportamos información que non é correcta pode penalizarnos.

As Categorías

As escollemos a continuación do nome. Podemos poñer unha principal e oito máis secundarias. Google recomenda poñer as mínimas, precisamente porque o que importa a Google é ofrecer resultados relevantes para as búsquedas que recibe… Debemos poñer as categorías que describen verazmente os servizos/produtos que ofrecemos, pero dentro do que é estrictamente veraz… deberíamos poñer todas as posibles. Ollo porque é delicado! Google non vai permitir que lle estropeemos o buscador,… podería penalizarnos se o facemos mal.

Por certo, que as categorías están predefinidas por Google. No momento de escribir estas liñas son cáseque 3000, pero van cambiando constantemente.

Os Datos de Contacto

É importantísimo que figuren de forma correcta.

O primeiro motivo é obvio: Que os nosos clientes potenciais poidan atopar fácilmente a nosa ubicación. O segundo motivo xa non é tan obvio: Google os emprega como elemento de verificación, polo que debemos atender a que sexan idénticos aos datos de contacto que figuren na nosa páxina web.

Verificar a Ficha

Google necesita verificar a existencia real do noso proxecto antes de darnos acceso completo á xestión da ficha.

Para a verificación emprega dous métodos: ou ben a través do teléfono, ou ben a través de correo postal. O teléfono pode ser máis rápido pero non está sempre disponible, require un teléfono fixo, e as últimas veces que o fixen así tivo que ser todo en inglés.

Recomendo o correo postal, que está disponible para todo tipo de negocios. Tarda entre 4-15 días, e recibimos no enderezo que especificamos na nosa ficha unha carta que trae un código de Google. Non debemos tardar demasiado porque caduca.

É a partires desta verificación cando poderemos xestionar plenamente a nosa ficha de Google, e cando os datos que aportemos son xa recollidos e procesados por Google, que vai completando ou modificando a nosa ficha en calquera momento, en función do que lle vaiamos decindo… Tamén nos notificará se houbera suxerencias de modificación por parte de calquera usuario.

Hai que actualizar!!

A optimización da nosa ficha en google My Bussines pode ir bastante máis alá do que tratamos nestas liñas, que é o básico.

É importante que atendamos á competencia existente no noso sector, dentro da nosa área xeográfica, para determinar o traballo que debemos facer. Se temos unha competencia alta deberemos ir máis alá coa nosa ficha para que poidamos aparecer en Google entre os primeiros resultados.

Existen outros aspectos importantes dentro da ficha de Google que únicamente imos citar aquí: como manter actualizados os horarios, colgar fotos, atender ás reviews/comentarios… Hai trucos para mellorar moitos destes aspectos na nosa ficha. Pero o máis importante é que Google vexa que hai vida!, que se trata dun proxecto vivo que recibe tanto actualizacións e coidados por parte dos propietarios ou xestores como por parte dos usuarios que van deixando referencias e diversos tipos de interaccións.

O seguinte paso, despois da nosa ficha de Google

Despois da nosa ficha, o seguinte paso sería a optimización da nosa páxina web, que se emprega por parte de Google como unha verificación constante da nosa actividade.

A forza de Google -xa o dixemos- reside en que é un buscador excelente, e o é porque recolle datos e máis datos: A nosa páxina web (coa súa configuración, estadísticas de tráfico, etc, etc) é outra fonte de datos para Google. A web debe servir para verifícarlle a Google que é correcta a información que ofrece no seu directorio de empresas.

Por este motivo tende a aparecer antes nos resultados unha empresa con páxina web que outra que non a teña… Pero o da optimización do SEO dunha páxina web xa é -claramente- outro tema!

O que pretendo transmitir aquí é a importancia de que atendamos á nosa presencia en buscadores, e que o fagamos con frecuencia porque cambia a ferramenta e cambia máis a nosa contorna. A tendencia vai cara ao aumento da competencia, o que vai obrigándonos a traballar cada vez máis e mellor a visibilidade do noso proxecto en buscadores.

Outras Entradas de Interese

A importancia dunha páxina web para proxectos locais

A importancia dunha páxina web para proxectos locais

Se estás dirixindo unha tenda na que ofreces produtos ou servizos, se xestionas calquera tipo de proxecto local, é posible que estés a preguntarte se é realmente necesario contar cun sitio web.A resposta rápida: si que o é. Ter un sitio web é fundamental para calquera...

read more
A utilidade dun ERP para a xestión do noso proxecto

A utilidade dun ERP para a xestión do noso proxecto

Necesitas un programa para xestionar a facturación do teu proxecto? Non é necesario gastar miles de euros -nin centos- para poder ter un programa de xestión personalizado.Un ERP é unha ferramenta que hai que coñecer. É fundamental hoxe en día para moitos proxectos,...

read more