675 89 01 63 info@xan-martinez.com

1.- Enlace á normativa 

Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

Foi publicado no DOG Nº119 do 18 de xuño, 2020

Descarga directa do PDF 

2.- Extracto da normativa cos puntos de interese para hostelería.

Aspectos destacados desta axuda: 

Artigo 2. Páx. 24278 e seguintes do pdf:

– Esta axuda establece específicamente que “Entre os proxectos obxecto de apoio” está, para a hostelería, a creación de “Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …)”

– Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto
subvencionable…

– Cada entidade poderá solicitar o programa Cheques de Dixitalización COVID-19 unha única vez.

Artigo 4. Páx 24281 e seguinte do pdf:

– Establece os beneficiarios, entre os que se atopan microempresas, entre outras, do sector de hostelería e turismo.

– No apartado c do mesmo artigo establece que poden ser beneficiarias “Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras”.

Artigo 5. Páx. 24282 e seguintes de pdf:

– Establece os gastos subvencionables, entre os que se atopa (letra c) “Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso”.

– Establece que o máximo do gasto subvencionable para este epígrafe é de 4000€.

Artigo 7. Páx 24284 do pdf:

– Estipula que “A contía da axuda será do 80 % dos importes indicados no artigo 5…”

3.- Características da oferta.

Crear unha carta-menú on-line custa uns 300€, coas seguintes características:

– Forma de aceso para os clientes: con link directo ou con código QR.

– Pratos e prezos fácilmente editables polo propietario.

– Sobre unha páxina web pública, acesible desde calquera teléfono ou ordenador, cos datos de contacto e enlazado con Google. Esto permite posicionar mellor nas buscas que calquera usuario realiza en Google Maps ou no buscador de Google.

–  Aloxado sobre sistema wordpress escalable. Permite ampliar fácilmente e de forma económica, según outras características que se queiran implementar. Exemplos:

– Permite crear formularios para obter información dos clientes: mails, teléfonos, opinións, etc.

– Permite accións promocionais, como configurar un envío semanal aos clientes cos menús do día para cada semana, editable polo propietario.

– Permite crear un blog.

– etc

– Dominio propio. Hosting en VPS dedicado de calidade, para asegurar sempre a disponibilidade da información. O primeiro ano vai incluído.

– Mantemento anual posterior: pago do hosting e dominio, sobre uns 70€/ano (primeiro ano incluído). 

Un exemplo: 

Penda’s 130,

(proxecto aínda inacabado -falta material gráfico- debido ao COVID19). 

Realmente, o custo por un proxecto deste tipo é duns 420€. Ao traballar con varios proxectos similares, pódense automatizar algúns procesos e podería quedar en 300€. Deste xeito, por 1500€ se poden facer 5 cartas on-line con estas características. Por 4000€ poderíanse facer 13.

Debería ser promovido por asociacións de empresarios da hostelería.

Esta subvención cubre o 80%. O custo real para un empresario sería de 60€+IVE por implantar unha carta on-line coas características citadas.

Dúbidas? Estou disponible para consultas e reunións!! laughing

Nota: As subvencións non pagan impostos. Todos os prezos desta páxina son sen IVA.

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Enviar comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar