Instalar unha Páxina Web e un Sistema de Xestión coa menor inversión posible

Instalar un sistema de xestión e unha páxina web coa menor inversión posible vai ser interesante, tanto se estás pensando en iniciar unha actividade como se queres mellorar o proxecto no que xa estás.  Temos que saber que -hoxe en día- non hai que pagar miles de euros por algo tan básico como unha páxina web e un sistema de xestión.

Instalar un sistema de xestión e unha páxina web coa menor inversión posible

Neste artigo explícase a mellor maneira de montar unha páxina web e un sistema de xestión. Falamos de solucións profesionais e contrastadas, que levan anos sendo empregadas por miles de usuarios en todo o mundo.

Da necesidade dunha páxina web

Pouco imos decir neste punto: Hoxe en día é seguro que se non estás online estás a perder ventas. A páxina web cumple dúas funcións fundamentais para a calquera proxecto: Presentación, porque é o escaparate do proxecto; e Visibilidadade, xa que permite aparecer nos primeiros postos nos resultados ds búsquedas que realizamos en Google. (Máis info neste artigo)

Cando buscamos un produto ou servizo imos a Google (ao buscador ou a Google Maps). Se non apareces ahí -ou se non apareces correctamente- estás a perder oportunidades e ventas. Por este motivo é necesario optimizar a nosa presenza nos directorios de Google, e unha páxina web é un factor fundamental para facelo ben.

Ollo: Non falamos de montar unha tenda online, que sería algo bastante máis complexo (máis información neste artigo). Trátase únicamente de decirlle a Google un “Eeeeh, aquí estamos!!”, para aparecer ahí cando alguén busque algo relacionado co que ofrecemos. O noso escaparate é a nosa web.

Da necesidade dun sistema de xestión

Hai quen aínda emprega unha caixa rexistradora para contabilizar as ventas, e nada máis. Esto é pasado, e se o facemos así estamos a perder posibilidades de mellora e, seguramente, unha parte importante do noso tempo.

Un sistema de xestión é unha ferramenta que permite organizar as nosas ventas, os nosos clientes e prospectos, presupostos ou pedidos, as compras e gastos que realizamos, unha contabilidade básica, etc, etc. Deste xeito imos creando unha base de datos que ofrece información útil, que podemos consultar en taboas ou gráficos: os produtos que vendemos máis, o historial dos nosos clientes, compras a proveedores… Dos datos que imos acumulando podemos extraer información que serve para mellorar a nosa actividade. (Toda a información do que ofrece un sistema de xestión neste enlace)

Para implementar un sistema de xestión temos miles de opcións. Fago aquí unha clasificación básica:

Programa de xestión off-line: é a alternativa clásica. Pagamos por un programa que instalamos no ordenador desde o que imos realizar a xestión da nosa actividade. Normalmente implica un custo anual en concepto de renovación de licencia. Para que sexa fiable debería incorporar algún sistema de copia de seguridade online.

Sistema de xestión on-line: nos últimos anos popularizouse estoutra opción. Ten a ventaxe de que para manexar o sistema non necesitamos máis que un navegador. A base de datos almacénase nun servidor online, e pódese acceder desde calquera lugar ou dispositivo con conexión a internet.

Neste segundo grupo entrarían os sistemas ERP, que son sistemas moi completos pero dos que sempre se di que teñen o problema da complexidade na súa instalación.

Eu recomendo os sitemas on-line por varios motivos. Básicamente por economía e por seguridade:

– Por economía: Porque xa existen solucións que non son tan complexas de implementar, e que polo tanto se poden instalar de forma bastante económica aínda que decidamos contratar a un profesional para facelo. Ademáis, falamos de sistemas opensource. Implica que non estamos suxeitos a suscricións nin pagos periódicos. O instalamos e queda para sempre, ata que decidamos actualizar algo como mínimo, que son sempre varios anos.

– Por seguridade: A seguridade é fundamental, e calquera sistema vai ter puntos fortes e débiles. Os sistemas on-line poden verse sometidos a ataques informáticos. Temos que saber protexelos e tomar as medidas preventivas necesarias. Pero os sistemas off-line teñen maior risco porque poden sufrir ataques deste tipo ao conectalos a unha rede e, ademáis, poden padecer outro tipo de ameazas… máis físicas (roturas e accidentes ou roubos, por exemplo).

A Solución para Reducir Custos

O que me parece axeitado para comercios e proxectos locais é optar por sistemas on-line, e facelo do seguinte xeito:

1.- Compartir o mesmo servidor para insalar unha páxina web e un sistema de xestión nun subdominio. Deste xeito pagaremos polo hosting da nosa web, e polo mesmo prezo teremos un programa de xestión.

2.- Empregar solucións opensource, de código aberto. Non se paga por elas, e as podemos modificar para adaptalas ás nosas necesidades. Dentro destas solucións opensource temos unha chea de posibilidades.

– Para crear unha páxina web prefiro wordpress, entre outras moitas opcións existentes. É absolutamente adaptable, e permite a escalabilidade que en calquera momento precisemos: engadirlle unha tenda on-line con miles de produtos, ou implementar un sistema de mail-marketing, por exemplo.

– Se falamos de sistemas de xestión, recomendaría tres solucións coñecidas (coas que teño certo experiencia): Openbravo, Odoo ou Dolibarr. Este último é co que máis traballo e o que recomendo para no 90% dos casos.

3- Por suposto, por seguridade é fundamental configurar tanto un cifrado de datos (o que fan as webs dos bancos) como unha copia de seguridade diaria. Temos que saber tomar as medidas preventivas necesarias.

4.- Facelo nós mesmos? Se sabemos, pode aforrar cartos. Pero se non sabemos e o queremos facer nós ao tempo que aprendemos, entón o máis probable é que saiamos perdendo: Perderemos cartos, se cuantificamos as nosas horas; e perderemos máis debido aos máis que probables erros que despois haberá que amañar. Non recomendo os experimentos coa instalación e configuración dun sistema para a nosa actividade.

5.- Ou contratar a quen o instale e configure: Aquí aconsello comparar e contrastar solucións, e buscar asesoramento para interpretar as ofertas que temos. Hai moita variedade e tarifas no mercado, e non sempre o económico é peor opción… Atopamos moitas veces que empresas grandes que ofrecen este tipo de servizos teñen custos de estructura maiores, o que lles obriga a incrementar as tarifas, e acaban ofrecendo un servizo caro con prestacións que non necesitamos, por exemplo. Pola contra, tamén podemos atopar a un “cuñado” que non cotiza e traballa en modo pirata… Ollo coas garantías que precisamos!!

De que inversión estamos a falar?

O máis barato? Podemos facelo nós, se dispoñemos de moito tempo e dalgúns coñecementos. Non hai que ser informático, pero temos que saber instalar e configurar estos sistemas.

Despois temos a opción cuñado: o colega que controla, ou que é “informático”, que non se adica a esto pero que nos fai un “favor”. hai que valoralo ben, porque o aforro duns centos de euros podería lastrar a viabilidade dun proxecto no que imos invertir os nosos recursos, o noso esforzo e o noso tempo.

O máis caro? Calquera empresa, das que se adican profesionalmente a esto, vai deixar enriba da mesa un presuposto de 4 cifras por instalar un sistema de xestión e montar unha páxina web para o noso proxecto. E despois, na meirande parte dos casos, teremos que pagar renovacións anuais. As empresas deste sector son equipos de especialistas en distintas áreas, e os seu custos son maiores… É doado que nos convenzan de maiores necesidades das que realmente temos, do mesmo xeito que nos poden convencer de que un Audi é mellor que un Dacia, por exemplo. O importante aquí, para non meternos a maiores gastos, é que teñamos ben claras as nosas necesidades. Pode ser que un Dacia ou un Seat sexa máis suficiente para o que precisamos… e máis se despois podemos amplialos con baca, remolques, etc wink

A solución que ofrezo eu

Diría que en canto a prezos estou nun punto intermedio, porque cotizo como profesional e teño certos gastos, pero son menores que os que pode ter unha empresa formada por varios profesionais.

Os sistemas que estou instalando, se falamos dunha configuración básica sobre un hosting profesional dedicado e dominio propio, inclúen unha páxina web e un sistema de xestión adaptado e configurado a medida. Normalmente sae en bastante menos de 1000€ “chave en man”, se o fago todo eu. Pero aínda hai quen pode baixar moito máis deseñando el mesmo a súa páxina web, para o que dou a formación e as ferramentas necesarias.

Tamén hai que dicir que poderíamos subir dos 1000€ se hai que facer moitas adaptacións para necesidades específicas. Tiven casos de multiplicar o que digo aquí por 10, pero non é habitual (xa me gustaría…laughing). O raro é que haxa que facer demasiadas adaptacións porque falamos de sistemas modulares moi flexibles, adaptables a proxectos moi diversos: tendas de alimentación, de informática, de mobiliario, servicios técnicos, servizos, etc.

Ao empregar solucións opensource, o que se cobra son as horas de traballo, que consigo reducir por experiencia, pero o custo exacto depende sempre das necesidades específicas de cada proxecto.

Se alguén está interesado, encantado de contestar e solventar dúbidas. Deixo por aquí abaixo os meus datos de contacto, e tamén un formulario nesta mesma páxina que pode servir para contactar.

Necesitas Axuda co teu Proxecto?

Sistemas de Xestión

Implantación de ERP / CRM

Sistema completo e adaptable que integra a facturación, xestión comercial (terceiros, presupostos...), control de almacéns, TPV, etc, etc.

Marketing

Para proxectos locais

Solucións a medida, escalables, desde unha páxina web para un posicionamento on-line ata solucións específicas (mailing, e-commerce, integración off-line, etc).

Fotografía de Produto

E-commerce e redes sociais

Ofrecemos procesos que permiten obter imaxes profesionais a prezos asumibles, para PYMES, autónomos e proxectos locais.

Pedir Presuposto

Podes empregar este formulario para pedir un presuposto.

Non hai tratamento automatizado. laughing

Responderase o antes posible!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.

Outras Entradas de Interese

Montar unha tenda on-line: Aspectos a considerar

Montar unha tenda on-line: Aspectos a considerar

Montar unha tenda on-line está de moda!! Chéganos desde os medios as cifras do incremento do comercio electrónico... Pero do que non falan tan alegremente é de todos os proxectos que quedan polo camiño. Xa teño algunha experiencia: Acumulo varios fracasos e algún...

leer más
SEO para comercios e proxectos locais

SEO para comercios e proxectos locais

Actualizado o 08/01/2021Internet posibilita unha enorme visibilidade para proxectos locais, que a través deste medio poden incluso contar con algunhas ventaxes sobre empresas máis grandes. Pero, ¿que é o que temos que facer para ser visibles en internet? Tratamos de...

leer más
Traducir »