Aloxamentos Turísticos: Como Evitar Comisións por Reservas
Se tes un aloxamento turístico e queres evitar comisións por reservas en plataformas como Booking, Airbnb, ou outras carísimas solucións… Entón esto te interesa!!!
Moitos proxectos de turismo seguen a pagar comisións a intermediarios por servizos que hoxe en día son moito máis asequibles -tecnolóxicamente- que hai poucos anos.
No ano 2021 é posible sincronizar a nosa oferta entre distintas plataformas desde a nosa propia páxina web, de forma moi asequible e sen comisións. Ademáis, a web propia é a plataforma perfecta para explicar a nosa oferta con todo detalle…
Non hai que facer unha gran inversión: Únicamente hai que ter unha páxina web propia, configurada correctamente. O explicamos aquí.
[google-translator]

O que nos permite unha paxina web propia
A.- Amosar o noso proxecto
Unha páxina web é a mellor plataforma para exponer as características da nosa oferta, con toda a flexibilidade e seguridade. Unha páxina web propia permite:
– Describir a nosa oferta: Podemos publicar textos, fotos, videos,… sen límites no que se refire á forma e ao deseño. E de forma segura, porque o hosting no que temos a nosa web é noso, polo que non estamos suxeitos a cambios decididos por terceiros.
– Gañar visibilidade: Podemos traballar o SEO, para aparecer nos primeiros postos cando calquera busca un servicio como o que nós ofertamos na nosa área. Tamén podemos vincular os nosos contidos con redes sociais e aproveitar o tráfico que podemos obter a través de plataformas como instagram, facebook, etc.
– Mellorar a comunicación cos nosos clientes: Podemos automatizar ferramentas como o correos electrónicos, a través da nosa web, para manter o contacto cos nosos clientes. Podemos, por exemplo, deseñar ofertas especiais para que os nosos clientes repitan con nós, como códigos ou cupóns de desconto nas reservas realizadas a través da nosa web.
B.- Incrementar os ingresos e a Rendabilidade
Canto cobran as plataformas como booking.com, por exemplo? Estas plataformas poden ser interesantes para atraer novos clientes. Podemos aproveitalas neste sentido, pero tamén podemos incrementar a rendabilidade se a nosa web ten un calendario sincronizado coa oferta que facemos a través destoutras plataformas.
– Rendabilidade: Podemos evitar as comisións a terceiros se recibimos reservas directamente desde a nosa web, …pero sen deixar de recibir reservas tamén a través doutros servizos!! Podes calcular todo o que supón as porcentaxes que as plataformas de reservas externas cobran…
– Sincronización de Calendarios: Permite que cando se realiza unha reserva a través de calquera plataforma externa (booking, airbn, etc) queda tamén rexistrada no calendario da nosa web, e viceversa… Cando rexistramos unha reserva na nosa web, esas datas quedan tamén rexistradas como ocupadas no resto das plataformas coas que traballamos.
Posibles Automatizacións Interesantes
Se recollemos os datos dos nosos clientes (un código QR a través do que acceden a un formulario na nosa páxina) podemos enviarlles ofertas especiais personalizadas, que podemos configurar na nosa web a través de bonos ou cupóns de desconto.
Custos anuais: menos de 200€
O gastos que implica a nosa propia web, montada deste xeito, cunha sincronización de calendarios e plataforma de pago para reservas, son sempre inferiores a 200€/ano: Un dominio e un hosting de calidadade, con mantemento incluído.
E NON hai máis gastos nin comisións!!!
E Canto hai que pagar por todo esto?
Hai dous tipos de custos: o inicial de crear a páxina e configurar o sistema, que realizamos unha única vez, e os custos de mantemento, que son anuais.
– Crear a páxina: Inclúe a publicación das distintas seccións da nosa web (portada, aloxamentos, actividades, entorno, contacto…), textos, optimización e publicación de imaxes, idiomas e traduccións, instalación e configuración de calendarios, e instalación e configuración de sistema de reserva e pagos on-line…
Esta inversión realízase unha única vez. Normalmente, para un proxecto de turismo rural, o custo é sempre inferior aos 1000€, pero depende do tamaño do proxecto (número de páxinas, fotografías, idiomas, etc) , número de aloxamentos/habitacións, etc.
Podes solicitar un presuposto a medida no formulario, ao final desta páxina.
– Mantemento anual: Inclúe o dominio e o hosting, que se pagan cada ano. O hosting debe ser un hosting de certa calidade para albergar un sistema de sincronización de calendarios e pasarela de pago. Tamén é importante que todo o sistema se manteña actualizado.
Cun servizo de mantemento incluído o custo anual non supera os 200€. Esto é o único que, unha vez feita a páxina, temos que pagar todos os anos para manter a nosa páxina web funcionando. Non hai comisións por reservas nin máis gasto de ningún tipo.
Máis información?
Podes empregar este formulario, escribirme un mail ou chamarme directamente.
Non hai tratamento automatizado.
Responderase o antes posible!!
Información de Contacto:
Información de Contacto:
Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.