Formación continua
Para Proxectos Locais
Talleres Formativos
Contidos Formativos
Unha base solida sobre a que medrar
Formación en marketing para proxectos locais
O obxectivo das accións formativas: que os proxectos cos que traballo poidan comunicar e transmitir o que aportan, da mellor maneira posible, ao medio social no que se desenvolven.
No márketing e na comunicación a evolución é constante e rápida.
Todos os días me formo, principalmente a través de podcasts e blogs norteamericanos porque van bastante adiantados neste sector. A miña labor e de síntese e destilación deses contidos. Trátase de converter as tendencias globais en posibles estratexias para os proxectos cos que traballo.
Area de Formación On-Line
As persoas relacionadas cos proxectos para os que traballo poden acceder a contidos formativos nesta mesma páxina.
Trátase de entradas explicativas, con contidos a medida das necesidades dos meus clientes.
Empezamos co manexo básico das solucións que instalo: wordpress, DIVI, e sistemas de xestión.
Despois son os meus clientes quen marcan os temas, en función das súas necesidades.
Talleres
Outros Talleres
– Publicación de Contidos con WordPress e DIVI.
Taller orientado a traballadores de empresas que xa contan cunha páxina web propia, instalada sobre wordpress e no que teñen instalado o tema DIVI. Este taller capacita para publicar contidos propios e para facer modificacións básicas sobre a páxina web do propio proxecto.
Contidos:
- Funcionamento básico de wordpress: páxinas, entradas e medios.
- Publicación de entradas: Editor por defecto de WordPress e DIVI.
- Fundamentos de DIVI: seccións, filas e columnas.
- Axustes: Contido, Deseño e Avanzado.
- Módulo texto e módulo imaxe.
- Fundamentos de SEO on-page.
Duración: 3horas.
– Fotografía para negocios locais.
Taller orientado a propietarios e/ou traballadores de proxectos que necesitan mostrar os seus produtos ou servizos a través de fotografías: desde un taller de artesanía a un carpinteiro ou un pintor… O obxectivo deste taller é a mellora das fotografías que producimos para a publicación na nosa web ou en redes sociais.
Contidos:
- Fundamentos de composición.
- Fundamentos de iluminación.
- Tipos de lentes e cámaras.
- Formatos dixitais.
- Ferramientas de edición.
- Conceitos de tamaño e peso.
- Axustes básicos.
- Exportación e publicación.
Duración: 3horas.
Para outros talleres relacionados co marketing local e comunicación pódese consultar.
Pedir Presuposto
Podes empregar este formulario para pedir un presuposto.
Non hai tratamento automatizado.
Responderase o antes posible!!
Información de Contacto:
Información de Contacto:
Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.