Formación

Talleres online e presenciais

Para PEMES, autónomos e cooperativas.

O obxectivo das accións formativas:

Capacitar para poder levar a cabo -con eficacia- as tarefas de xestión e comunicación do noso propio proxecto.

Nos talleres aprendemos a sacar proveito de todo o que nos poden ofrecer diversas ferramentas de xestión ou comunicación que podemos empregar no noso proxecto: Aprendemos a facer máis con menos.

Talleres

l

Crea a túa web

Aprende a xestionar a web do teu proxecto.

Sairás deste taller ca túa páxina web creada, e cos coñecementos necesarios para xestionala e modificar os seus contidos cando queiras.

Online / Presencial

 

Xestión ERP

Aprende a xestionar o teu proxecto.

Un taller para aprender a optimizar procesos comerciais, de venta, facturación, almacén, etc, etc… A medida do teu proxecto.

Online / Presencial

 

Outros Talleres

Publicación de Contidos con WordPress e DIVI.

Taller orientado a traballadores de empresas que xa contan cunha páxina web propia, instalada sobre wordpress e no que teñen instalado o tema DIVI. Este taller capacita para publicar contidos propios e para facer modificacións básicas sobre a páxina web do propio proxecto.

Contidos:

  • Funcionamento básico de wordpress: páxinas, entradas e medios.
  • Publicación de entradas: Editor por defecto de WordPress e DIVI.
  • Fundamentos de DIVI: seccións, filas e columnas.
  • Axustes: Contido, Deseño e Avanzado.
  • Módulo texto e módulo imaxe.
  • Fundamentos de SEO on-page.

Duración: 3horas.

Fotografía para negocios locais.

Taller orientado a propietarios e/ou traballadores de proxectos que necesitan mostrar os seus produtos ou servizos a través de fotografías: desde un taller de artesanía a un carpinteiro ou un pintor… O obxectivo deste taller é a mellora das fotografías que producimos para a publicación na nosa web ou en redes sociais.

Contidos:

  • Fundamentos de composición.
  • Fundamentos de iluminación.
  • Tipos de lentes e cámaras.
  • Formatos dixitais.
  • Ferramientas de edición.
  • Conceitos de tamaño e peso.
  • Axustes básicos.
  • Exportación e publicación.

Duración: 3horas.

Para outros talleres relacionados co marketing local e comunicación pódese consultar.

Info & Contacto

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Pol. de Bergondo. 15165 A Coruña

En toda Galicia:

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Outras zonas, consultar.

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.