
Guía de Social Media para Empresas Locais
[glt language=”Spanish” label=”Traducir” image=”yes” text=”yes” image_size=”24″]
(Tradución automática)
Neste artigo damos as directrices básicas para o uso do Social Media -Redes Sociais- como canle de comunicación. Falamos desde o punto de vista dos proxectos locais: PYMES, autónomos, asociacións e todo tipo de proxectos ligados a un territorio.
Parece que hoxe todos usamos as Redes Sociais, pero aquí imos falar do seu emprego como ferramenta empresarial, non do seu emprego no ámbito privado. Existen diferencias importantes: cando falamos de Social Media como ferramenta de comunicación para o noso proxecto necesitamos unha rendabilidade, que a nosa inversión -sexa en tempo ou en diñeiro- sexa rendible. Este factor de rendabilidade non existe no uso lúdico das Redes Sociais que facemos a nivel personal.
Para situarnos
O primeiro que debemos facer é evaluar esta canle de comunicación que representan as redes sociais.
Poño uns datos do estudio realizado por Hootsuite e Wearesocial, publicado a principios do 2020, que reflicte datos do 2019. Pode servir para orientarnos antes de meternos a falar do tema polo miudo.
O estudo completo -versión España- pódese atopar en https://datareportal.com/reports/digital-2020-spain
O 62% da poboación en España é usuaria activa das Redes Sociais
A publicidade en Redes Sociais é a segunda forma de inversión en publicidade dixital.
A cuestión previa: É o Social Media o mellor medio para promocionar o noso proxecto?
Ollo con esto: DEPENDE!!!
Parece que son de balde (non nos cobran porque venden os datos do noso comportamento…) pero non o son. Son cómodas de usar… están deseñadas para que gastemos o tempo nelas, etc, etc. Falo destes aspectos que compre coñecer neste outro artigo: PYMES: Bo Uso e Mal Uso das Redes Sociais
Por outra banda, debemos valorar tamén outras vías posibles para a promoción do noso proxecto, que poden ser tamén complementarios: SEO, AdWords, mailing, márketing off-line, etc. Sempre insistimos en que debe ser un Plan de Márketing -integrado nun Plan de Viabilidade- o documento no que se plasmen as liñas a seguir en función dunha análise do noso proxecto e da nosa contorna.
Outro dato sobre o descubremento de novas marcas por parte de usuarios de Internet… O Social Media vai en sétima posición:

Os tipos de contidos e de alcance en Social Media
Os Contidos Orgánicos son os contidos que publicamos de forma habitual e non pagamos pola súa difusión. Falamos aquí de alcance orgánico. Pola contra, os Contidos Promocionados son contidos polos que pagamos para que alcancen unha maior audiencia. Nos seguintes artigos desta serie falaremos de cada unha das principais Redes Sociais e das súas peculiaridades, tanto no que se refire ao seu funcionamento orgánico como ás posibilidades que cada unha nos ofrece para a promoción dos nosos contidos.
1.- O que temos que saber sobre Contidos Orgánicos
O primeiro que debemos saber é que o alcance orgánico reduciuse drásticamente nos últimos anos. Ven sendo a tendencia, e seguirá a ser tendencia porque as Redes Sociais tamén queren ingresar por publicidade. Vaise reducindo o alcance orgánico das publicacións ao tempo que aumenta a inversión publicitaria en Redes Sociais. É algo que acontece a nivel mundial.
É importante decir aquí que o alcance orgánico non funciona igual para unha conta personal que para unha conta de empresa. As contas de empresa aínda teñen un alcance orgánico máis reducido. (Nota: Ollo co emprego de contas personais para empresas, porque pode dar lugar a suspensións de conta… Ademáis todo ten o seus pros e contras, e as contas de empresa dispoñen de funcionalidades ás que non podemos acceder con contas personais, con variacións en cada Rede Social).
Trucos para acadar alcance orgánico?
Depende de cada rede social. É un tema que habería que tratalo de maneira especificamente para cada plataforma.
Como norma xeral temos que pensar que os contidos que tenden a gañar maior alcance orgánico son os que conveñen ás redes sociais: Se non ingresan por publicidade miran de sacar o beneficio cos datos sobre o comportamento dos usuarios, que venden a terceiros. Para conseguir máis datos dos usuarios interésalles que os usuarios boten o maior tempo posible na plataforma da rede, que interaccionen con comentarios, likes, etc,… Polo tanto podemos deducir que un video vai acadar maior alcance orgánico que outros tipos de contidos, e que as persoas que publican a menudo, que contan cunha rede amplia de seguidores que interaccionan con likes e comentarios, tamén van acadar maior alcance orgánico que outro tipo de usuarios.
Se xestionamos unha conta de empresa o asunto complícase, porque non podemos estar publicando as nosas fotos na praia… O consello habitual é que debemos buscar o xeito de aportar valor: O máis importante é que as persoas que nos siguen atopen un interese no que publicamos. Os contidos didácticos teñen gran valor. Os contidos meramente comerciais non o teñen tanto, pero podemos ir alternando… Non existe unha norma porque depende de cada caso, de cada público e de cada sector. As contas de empresa, cando falamos de empresas locais que normalmente non teñen a un equipo de creativos detrás, teñen normalmente un número de seguidores pequeno. Pero se os contidos teñen un valor, podemos chegar a ter ahí a un público de calidade. Non é un camiño curto.
A periodicidade é tamén moi importante: Decíamos que as redes sociais queren manter os seus usuarios o maior tempo posible. Por ese motivo van favorecer ás contas que axudan neste sentido… Os que publican contidos con maior frecuencia xeneran máis material para que as redes sociais funcionen. É un caso de “simbiose”, digamos así entre comas, no que facemos un círculo: Canto máis aportamos máis visibilidade nos dan, polo que podemos acadar un maior número de seguidores…
2.- Contidos Promocionados
Se o que queres é ampliar o teu público, a publicidade en redes sociais é unha gran ferramenta para facelo de maneira rápida. Xa falamos neste artigo de que o alcance orgánico é cada vez máis difícil de acadar. Os tempos de “viralidade” que temos visto non hai moito poden ter desaparecido para sempre.
Pode dar medo o pasar dunha estratexia social orgánica a poñer cartos reais sobre a mesa. Por iso, é importante comprender todas as opcións.
Consellos Previos, para a Publicidade en Social Media
Poñemos uns consellos xenéricos que se aplican a calquera das redes sociais:
-Empezar por Redes coas que estemos familiarizados
Cada rede ten as súas peculiaridades, códigos propios que é necesario coñecer antes de meternos a realizar inversións. O recomendable é un primeiro uso personal e, despois dun tempo de uso para coñecer o funcionamento, podemos pasar a crear unha conta de empresa cunha finalidade comercial.
– Definir o noso obxectivo comercial
É tremendamente difícil acadar os nosos obxectivos se non sabemos cales son eses obxectivos. É fundamental entender eses obxectivos. Así poderemos escoller a rede social correcta para anunciarnos.
– Coñecer o noso público obxectivo
Cada rede ofrece unha orientación de anuncios bastante específica. Saber exactamente a quen estamos intentando chegar é fundamental para acadar un rendemento da nosa inversión. A capacidade de microorientar as campañas publicitarias é un dos principais beneficios da publicidade en redes sociais.
– Que as publicacións orgánicas orienten os nosos anuncios
As publicacións orgánicas teñen unha función importante: Serven para orientarnos no tipo de contidos que interesan á nosa audiencia. Debemos observar as nosas publicacións orgánicas, e tomar nota das que mellor funcionan cando se trata de deseñar unha campaña que implica unha inversión económica.
– Ter en conta os dispositivos móbiles no deseño dos anuncios
As Redes Sociais vense desde dispositivos móbiles: Máis de 3.250 millóns de usuarios activos de redes sociais acceden ás redes sociais a través dun dispositivo móbil. Debemos empregar imaxes fáciles de ver nun dispositivo deste tipo.
– Probar os anuncios para optimizar o rendemento
Un dos grandes beneficios dos anuncios en Redes Sociais é a rapidez coa que podemos obter metricas dos resultados: Podemos medir a eficacia dunha publicación patrocinada en minutos, e seguila con informes analíticos avanzados.
É unha boa práctica probar varios anuncios, cun público reducido, para determinar o que funciona mellor. Despois podemos empregar o mellor deles para a campaña principal.
– Medir os resultados e aprender deles
Así como é importante coñecer os seus obxectivos antes de realizar unha campaña publicitaria, tamén é importante medir os resultados despois de realizala. Vai servir para saber se alcanzamos os obxectivos. Amosa o que funcionou e o que non, para que poidamos mellorar no futuro.
As principais redes sociais ofrecen análises detalladas para axudarnos a medir os resultados dos nosos anuncios. Tamén podemos usar ferramentas como Google Analytics para medir os resultados desde un único panel.
Sobre o Custo Publicitario en Social Media
Hai unha solución de publicidade en redes sociais para calquera orzamento, desde poucos euros ao día ata onde queiramos chegar.
Normalmente, págase usando un destes métodos:
– Custo por clic (CPC)
– Custo por 1000 impresións (CPM)
– Custo por conversión
– Custo por visualización de vídeo
Varios factores inflúen no que realmente nos vai custar un anuncio nas redes sociais. Estes factores inclúen:
– A calidade do seu anuncio
– O obxectivo da túa campaña
– A que tipo de público vai dirixido
– O país ao que está dirixido
– Época do ano e incluso hora do día
– Colocación dentro da rede.
Para empezar, o consello é ir pouco a pouco e deixarse asesorar. Por suposto non é boa idea aventurarse en Redes Sociais coas que non estamos familiarizados.
Tampouco temos que obsesionarnos cos likes. Estamos noutra liga, porque é máis doado acadar os likes con outro tipo de contidos… Estamos ao que estamos: Ou ben a crear comunidade, ou ben a chegar a novos públicos co noso proxecto… Non imos poñer as fotos da fin de semana na praia. Ánimo e paciencia!!
Programas de Xestión
Implantación de ERP / CRM
Sistemas completos e adaptables que integran a facturación, xestión comercial (terceiros, presupostos...), control de almacéns, TPV, etc, etc.
Marketing
Para proxectos locais
Solucións a medida, escalables, desde unha páxina web para un posicionamento on-line ata solucións específicas (mailing, e-commerce, integración off-line, etc).
Información e Contacto:
En toda Galicia:
A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Outras zonas, consultar.
Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.