Mapa SEO para o 2024

Queres que te atopen os teus clientes?

A visibilidade é fundamental para que noso proxecto funcione!!! Neste artigo falamos de SEO Local, é dicir, do que tes que facer para que os buscadores (Google, Google Maps, Bing, Apple, etc) amosen o teu proxecto nos primeiros lugares dos resultados das búsquedas que realizan as persoas interesadas nos produtos ou servizos que ti ofreces.

Non fagas todo o que aquí se di!!!

Esto é unha relación de moitas cousas que podes facer. Se as fas todas -ou a maioría- podes estar seguro de que o teu proxecto é visible.

Pero non todo o que aquí se dí é adaptable a todos os proxectos. Ao principio está o máis importante. Despois hai que verai que ver cada caso concreto para a implantación do resto das propostas que aquí se falan.

 

Para estructurar os contidos deste artigo establecemos tres seccións, tres ámbitos nos que podes traballar para a mellora da visibilidade dun proxecto:

Directorios e Redes: Son os primeiros pasos que debemos dar cando queremos visibilizar o noso proxecto.

Páxina web: Unha ferramenta fundamental para calquera proxecto, o escaparate do que facemos e ofrecemos,  tamén permite realizar accións para a mellora da visibilidade.

Accións de promoción: Accións que podemos levar a cabo unha vez que xa temos directorios e redes creadas e unha web funcionando.

Contidos:

Directorios e Redes

Alta nos Directorios Locais
Optimización dos Directorios Locais
Xenerar recesións mensuais
Perfís en redes sociais

Páxina web

Sitio Web: Fundamentos técnicos
Sitio web optimizado: Contidos
Sitio web optimizado: Palabras Clave e imaxes
Configuración do seguimento
Engadir marcado de esquema

Accións de promoción

Contidos do blog
Formatear contidos para vídeo
Promover contidos
Obter Backlinks

Directorios e Redes

Alta nos Directorios Locais

– Ficha de Google: Fundamental. Google My Business é unha ferramenta gratuíta que permite xestionar como aparece a túa empresa na Busca de Google e en Maps. Ao verificar o perfil da túa empresa proporcionas información importante aos clientes e aos motores de busca (información sobre a túa empresa, enderezo, número de teléfono, horarios, produtos/servizos, etc). 

– Outros directorios: despois están tamén outros directorios, como Apple maps, Bing, Yahoo… que deberíamos atender.

Pero temos que ter en conta que, no 2023, Google levouse o 92% do total das buscas en Europa. Pero se sabemos que os nosos clientes usan Iphone, por exemplo,… pois ollo aquí!!!

Optimización dos Directorios Locais

Cando se trata de SEO local, debemos asegurarnos de que os nosos perfís conteñan toda a información comercial relevante, para mellorar a clasificación local de Google.

Ter toda esta información comercial relevante significa que o teu perfil está optimizado. Pero o importante é mantelo actualizado, regularmente, tanto para os usuarios como para os motores de busca.

O que temos que atender:

    1. Perfil reclamado/verificado
    2. Nome da empresa, enderezo e número de teléfono (información NAP)
    3. Categorías empresariais (categorías primarias e adicionais)
    4. Horario comercial
    5. Descrición da empresa
    6. Cargas de vídeos/ fotos (logotipo, foto de portada, etc )
    7. URL do sitio web

Xenerar recesións mensuais

As revisións sirven de proba social para axudar a establecer a túa empresa como fonte fidedigna para un produto/servizo. As recesións son tidas en conta tanto por usuarios que son clientes potenciais, como polos propios buscadores que teñen en conta estas recesións para establecer o teu lugar -máis arriba ou máis abaixo- nos resultados das buscas das persoas interesads no que ti ofreces.

Perfís en redes sociais

Os perfís sociais son bos sinais de confianza para os motores de busca e os usuarios.

Non temos que estar en todas as plataformas, senon naquelas nas que están os nosos clientes.

Facebook : Un clásico para todas as empresas locais. Os teus clientes están aquí.
Instagram : non é un gran lugar para un fontaneiro, pero pode ser xenial para restaurantes.
Twitter / X: Probablemente o menos útil pola dificultade para obter seguidores.
LinkedIn: ideal para moitas empresas. Ademais, pode ser útil tamén para a contratación.
YouTube : tamén é beneficioso para a maioría das empresas para crear contido útil.
Pinterest – Perfecto para restaurantes, tendas de roupa e outros produtos dignos de mostrar.
TikTok : 2 segundos para captar a atención …

Hai que valorar se nos compensa, porque hai proxectos que se poden dar a coñecer moi ben a través das redes sociais, e outros non encaixan tan ben aquí.

Debemos tamén valorar e controlar o tempo que nos leva cada canle, pois sabemos que as redes sociais están creadas para chamar a nosa atención e que fiquemos pegados a elas.

Páxina web

Sitio Web: Fundamentos técnicos

– Certificación SSL: o teu sitio web debería servir páxinas a través deste protocolo para reducir o risco e garantir a seguridade. Dependendo do teu provedor de hospedaxe, será gratuíto ou de pago, pero o necesitas ao 100% porque é un factor de clasificación importante.

Mapa do sitio XML : o teu sitio web sitemap .xml debe configurarse correctamente desde o inicio porque ofrece información esencial sobre as páxinas, vídeos e outros ficheiros do teu sitio e as relacións entre eles. Xeralmente, isto significa configuracións de indexación configuradas para os tipos de publicacións do teu sitio web.

– Robots TXT: o robots.txtficheiro do teu sitio web utilízase para xestionar o tráfico dos rastreadores dos buscadores como Google e outros rastreadores web. Isto tamén se pode editar con Yoast ou RankMath.

– Compatibilidade con móbiles: como empresa local, é probable que a meirande parte do tráfico do sitio web proceda de dispositivos móbiles. Existen diversas ferramentas de proba, como a de Google, ou pódese mirar co noso propio. É importante facer unha revisión manual para asegurarse de que todos os elementos da súa páxina se mostran como se espera.

Sitio web optimizado: Contidos

Todos os produtos e/ou servizos da túa empresa deben estar representados con precisión no teu sitio web.

O sitio web é o catálogo do que ti ofreces, pero tamén é unha ferramenta para a comunicación cos teus clientes, desde donde podes xenerar unha comunicación máis personalizada e específica.

É máis que interesante ter ben configurada unha ferramenta como Analytics, para entender o funcionamento do teu sitio e os intereses dos visitantes.

A web dun proxecto local debería incluir sempre páxinas de marca, nas que explicamos quen somos, as persoas que estamos detrás do proxecto, as nosas motivacións, etc. Podemos xenerar confianza de diversas maneiras:

  • As páxinas de produtos/servizos, con opinións relevantes
  • As páxinas de produtos/servizos, con descricións precisas e suficientes
  • A probas sociais, ben visibles e destacadas nas páxinas de alto valor
  • Páxinas dos membros do equipo con biografías fidedignas
  • As insignias/premios de confianza, que aparezan de forma destacada 

Sitio web optimizado: Palabras Clave e imaxes

 Asignación de palabras clave: cada páxina debe ter unha palabra clave (ou grupo de palabras clave) de destino para o que pretendes clasificala. Para facer ben esto debemos antes investigar as “keywords” polas que os nosos clientes nos buscan.

– Exclusividade do contido: cada páxina debe ser única, o que significa que non hai unha gran porcentaxe de contido que sexa idéntico (ou moi similar) a outras páxinas internas… Ollo con “canibalizarnos“. Asegurar que o teu contido sexa único mellorará a súa calidade e aumentará a probabilidade de que se clasifique nos resultados de busca.

– Estrutura de URL: o teu sitio web debe seguir unha estrutura de URL lóxica para axudar aos usuarios e aos motores de busca a comprender facilmente o teu sitio web.

– Ligazóns internas: as páxinas que están relacionadas tópicamente con cada unha delas deben enlazarse internamente entre si.

– Optimización de imaxes: cada páxina tamén debe ter imaxes únicas, cun nome de ficheiro relevante, texto alternativo, formateadas para a web (como WEBP) e comprimidas correctamente.

Configuración do seguimento

– Seguimento de palabras clave / clasificación: comprender como se clasifica a túa empresa para os termos de busca nas túas localidades de destino axudarache a medir o impacto das túas campañas. Se te queres meter a esto (engancha!!!) hai boas ferrramentas, como BrightLocal ou SE Ranking que ofrencen informes de cuadrícula xeográfica, moi útiles moi útiles para saber o noso alcance en cada momento e con cada campaña que fagamos.

Google Search Console: É unha ferramenta gratuíta de Google que ofrece informes detallados e unha gran cantidade de datos que axudan a comprender mellor o rendemento do teu sitio web, solucionar problemas e solicitar a indexación de páxinas novas.

– Google Analytics (GA): Fundamental para comprender mellor como interactúan os teus usuarios co teu sitio. Ademais, pode configurar o seguimento de conversións para accións valiosas como chamadas e recheos de formularios.

– Existen outros moitos métodos para controlar o seguimento… Mención especial: Facebook Pixel, se empregas esta rede social. 

Engadir marcado de esquema

O esquema de marcado é un código adicional que se pode engadir a páxinas web específicas para mellorar aínda máis a forma en que os motores de busca entenden a súa páxina web.

Pode axudar a Google a comprender mellor as túas ofertas, e as áreas nas que atendes aos clientes (especialmente para as empresas de servizos).

Accións de promoción

Contidos do blog

Publicar contidos de calidade pode ser unha boa forma de darlle un impulso ao teu sitio.

En poucas palabras: Canto máis contido de calidade teña o teu sitio web para un determinado tema, mellor clasificaranse esas páxinas. Os motores de búsqueda valoran os vistantes que recibe unha web e a clasifican desta maneira. Se tes cousas que contar, que sexan útiles para os teus clientes, deberías empregar o teu blog para atraer visitas. Vaiche dar visibilidade.

Desposi, podes tamén traballar os temas sobre os que escribes configurando as palabras claves que interesan, etc, etc.

Formatear contidos para vídeo

Non todo o teu contido se traducirá facilmente nun vídeo, pero algún si. É o formato que máis se consume hoxe en día, co que podes chegar a un gran número de clientes.

E os videos hai que optimizalos:

  • Miniatura, que sexa atractiva.
  • O título, a descrición e os hashtags, que conteñan as palabras clave
  • A descrición debe conter información sobre o nome da empresa, o enderezo e o número de teléfono
  • Os vídeos deben estar incrustados en páxinas web relevantes…

Promover contidos

 Con todo o traballo e as horas que leva xenerar videos e artigos para o blog!!!

Unha vez feito estre traballo hai que llo contar a todo o mundo!!!

Algunhas das vías que temos:

– Redes sociais: incorpora o teu blog e contido de vídeo á túa estratexia social.

– Correo electrónico / boletín: comparte o teu contido cos teus contactos de correo electrónico e boletíns. Podes traballar esto a través da túa páxina web.

– Medios de comunicación/noticias locais: As notas de prensa aínda non morreron.

– Foros : publica o teu contido en foros relevantes para os teus clientes, e aumentar así a túa visibilidade.

Obter Backlinks

 Os motores de búsqueda tamén valoran os enlaces que levan ao teu sitio. E interpretan que cantos máis enlaces externos leven a un sitio maior importancia tes este.

Deberíamos buscar a maneira de obter enlaces de valor ao noso sitio web. Esto o podemos facer de moitas maneiras: medios locais, eventos, colaboradores, etc, etc.

Outras Entradas de Interese

Info & Contacto

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Pol. de Bergondo. 15165 A Coruña

En toda Galicia:

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Outras zonas, consultar.

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.