9 estratexias eficaces de marketing local para a pequena empresa

Explicamos neste artigo nove estratexias de márketing local para a pequena empresa.

Son nove estratexias básicas que deberíamos coñecer se xestionamos un proxecto local: tendas de barrio, servizos (asesorías, legais, médicos, construcción/reformas, etc), artesanías, turismo e hostelerías, etc, etc.

9 estratexias eficaces de marketing local para a pequena empresa

[google-translator]

Únicamente a primeira destas nove estratexias é obrigatoria.

As outras oito son, digamos, opcionais: Deberíamos realizar unha análise -dentro dun plan de comunicación- para determinar cal desta ou destas estratexias son as que nos interesan, en función das características e circunstancias do noso proxecto concreto. Con outras palabras: Non hai orde por importancia.

O obrigatoria:

1.- Establecer a nosa Presenza On-line: Google + sitio web

As opcionais:

2.- Crear e actualizar regularmente os contidos da nosa web para atraer visitantes

3.- Aproveitar as redes sociais para promovernos

4.- Investir en anuncios (de pago)

5.- Recoller a información dos visitantes da nosa web

6.- Xestionar as nosas bases de datos

7.- Usar as canles de comunicación directas

 8.- O boca a boca ou Marketing de Referencia

9.- Investir en Márketing Off-line

1.- Establecer a nosa Presenza On-line: Google + sitio web

Un sitio web é a pedra angular de toda a comunicación dunha empresa hoxe en día.

Sen un sitio web, estamos a perder unha enorme oportunidade de conectar con veciños e persoas que poderían estar a buscar un provedor de solucións coma ti.

 

Estudo publicado por WeAreSocial e Hootsuite: Digital2020. Fontes de descubrimento de novas marcas: a primeira (41%) son as búsquedas en Internet.

Se nos preguntamos como chegamos, hoxe en día, a coñecer novas marcas, temos que contestar que grazas a “san google”… Os buscadores son a principal vía pola que podemos chegar ás persoas que buscan satisfacer algunha das súas necesidades.

Pero as función dunha páxina web non é so a de proporcionar Visibilidade ao noso proxecto. Falo máis polo miudo nestoutro artigo sobre as funcións dunha páxina web.

Polo tanto, o primeiro paso sería o darse de alta correctamente nos directorios de Google, a través de Google MyBusiness (Máis información: Aparecer en Google – Guía Básica para Comercios e Proxectos Locais), e enlazar a nosa ficha de Google cun sitio web de fácil uso, no que publicamos os nosos datos de contacto e as solucións / produtos que ofrecemos, os detalles do servizo de atención ao cliente, etc. Debe cumplir coas funcións básicas de Presentación e Visibilidade.

É importante atender ao SEO para clasificar todas as palabras clave relevantes que buscan os nosos clientes potenciais. Isto asegurará que calquera cliente potencial, cunha consulta de busca que sexa remotamente relevante para o noso negocio, será dirixido ao noso sitio.

Ademáis de todo o anterior, unha web propia permite -se a temos correctamente configurada- obter unha valiosa información do comportamento das persoas que visitan a nosa páxina, do que interesa aos nosos clientes e clientes potenciais.

2.- Crear e actualizar regularmente os contidos da nosa web para atraer visitantes

Oiches falar do Inbound Márketing?

A mercadotecnia ou mercadotecnia por atracción, tamén coñecida como mercadotecnia entrante, é unha técnica de mercadotecnia deseñada para atraer clientes potenciais ofrecendo contido de interese orientado ás súas necesidades e consultas como consumidores. Os contidos divídense a través de varias canles (blogs, redes sociais, boletíns, etc.), e sitúanse en diferentes buscadores para amplificar o recoñecemento e a autoridade dunha marca.

Canto máis esforzo dediquemos a educar e informar ao noso público obxectivo, máis credibilidade imos gañar e máis facilmente atraeremos clientes.

Un blog é un traballo, pero é tamén unha poderosísima ferramenta para atraer visitantes á nosa web, e son visitantes que se poden convertir despois en clientes. Debemos crear os nosos blogs para proporcionar solucións aos problemas que poida ter o noso público obxectivo.

3.- Aproveitar as redes sociais para promovernos

As redes sociais, na actualidade, non precisan presentación. Moitas persoas pasamos unha parte importante do noso tempo nas redes sociais…Ollo con esto!! Podemos convertirnos no cazador cazado: As redes non son de balde. Viven dos nosos datos, dos datos de todos os tipos de usuarios. Analizan o noso comportamento para detectar os nosos gustos e preferencias, e canto máis tempo botemos interaccionando en Instagram, Facebook, etc,… máis información recollen. Están deseñadas para esto. Debemos valorar o noso tempo e, cando falamos dunha actividade relacionada co noso proxecto (a súa promoción neste caso), debemos valoralo en termos económicos.

Sen embargo, as Redes Sociais son unha importante ferramenta para dirixir o tráfico social ao noso sitio web. Compre empregalas do mellor xeito posible.

En primeiro lugar, debemos atender ao que xa dominamos e, por suposto, ás plataformas nas que o noso público está máis activo. Por exemplo, se somos un comercio electrónico, de viaxes ou calquera outra marca de estilo de vida, Facebook e Instagram son as plataformas nas que teríamos que traballar para establecer a nosa presenza. Por outra banda, se estamos no espazo B2B, sempre podemos aproveitar LinkedIn e Twitter para promover o noso negocio. 

É importante ter creado un plan social de polo menos un mes de antelación para poder publicar regularmente e participar activamente coa nosa audiencia. Ao decidir que publicar, sempre axuda a ter unha boa mestura de contido promocional e non promocional: A xente non agradece ser bombardeada con ofertas e ofertas consecutivas nas redes sociais.

4.- Investir en anuncios (de pago)

As posibilidades son enormes: aquí incluimos tanto a publicidade en redes sociais como a publicidade en buscadores. 

Os antiguos anuncios na prensa perderon a súa razón de ser, sobre todo para os proxectos locais, debido a que as plataformas dixitais ofrecen unha ventaxe fundamental: podemos segmentar e dirixirnos a unha audiencia super-específica. Podemos segmentar por áreas xeogŕaficas, idades, xénero, intereses e unha gran cantidade de variables. Os medios tradicionais (prensa, radio, tv) perderon o seu atractivo porque agora, a través dos distintos medios dixitais cos que contamos, podemos optimizar moitísimo mellor a nosa inversión publicitaria.

É un tema complexo que únicamente citamos nestas liñas. Cada proxecto require un estudio particular. Debemos coñecer os distintos públicos aos que podemos chegar a través das distintas canles coas que contamos. Non é o mesmo unha rede social que outra. E debemos ter ben definido o noso público e os obxectivos da nosa campaña. Despois temos que saber manexar as ferramentas para configurar a nosa acción publicitaria… Compre contar con experiencia para invertir correctamente. Se non o sabemos facer nós, postos a gastar diñeiro, mellor contratar a alguén con experiencia.

Máis información: A Nova Publicidade: PPC Márketing

5.- Recoller a información dos visitantes da nosa web

O sitio web é -debería ser- unha ferramenta do tipo “navalla suiza”. Unha das posibilidades que nos ofrece é a de recoller información dos visitantes, das persoas que se achegaron porque xa hai un interese nalgún dos contidos que temos publicados (enlazamos co que xa dixemos antes neste artigo – ver punto 2).

Recoller esta información é un proceso de varios pasos:

1.- Configuración interna da páxina: Podemos tirar proveito de ferramentas externas que son de balde, principalmente de Google (Analytics, Search Console, etc).

2.- Creación de contidos de interese para atraer visitantes.

3.- Formularios para recollida de datos: lóxicamente, debemos dar algo a cambio. O máis básico é a promesa de información periódica (se te interesa, déixame o teu correo e te aviso cando vaia publicando máis contidos deste tipo).

4.- Xestión da base de datos (falamos do tema no seguinte punto).

Debemos ter presente o marco legal e, por suposto, contar cunha páxina de política de privacidade e cumplir coa Lei de Protección de Datos.

6.- Xestionar as nosas bases de datos

Existen softwares específicos para xestionar as nosas bases de datos. É o que se coñece como CRM (Customers Relationship Managment). A súa instalación hoxe é moi asequible, e son unha inversión segura cando falamos de calquera proxecto. A través destas ferramentas podemos segmentar os nosos contactos: clientes/prospectos, area xeográfica, etc… e establecer tantas categorías como necesitemos.

As bases de datos son, realmente, o valor dunha empresa. As creamos e as xestionamos a través dun CRM.

Unha Solución Recomendada!!

Especialiceime na implantación dun CRM que, ademáis, é tamén un completo ERP (Enterprise Resource Planning).

Permite levar a cabo toda a xestión do 99% das PYMES e autónomos cunha solución absolutamente asequible e opensource.

7.- Usar as canles de comunicación directas

Falamos das redes sociais xa antes neste artigo. Pero agora referímonos a canles moito máis efectivas para comunicar cos nosos clientes ou prospectos: correo electrónico e sistemas de mensaxería.

Previamente, para traballar con estas canle de comunicación, tivemos que atender aos dous puntos anteriores: captar información dos nosos clientes e prospectos (unha das vías é a nosa web), e -sobre todo- a xestión continua das nosas bases de datos. Se coidamos das nosas bases de datos entón podemos empregar estas canles de comunicación directas.

O correo electrónico segue a ser considerado como unha das vías máis efectivas para a comunicación das empresas. Pero é delicado, porque require dun coidado importante na elaboración dos contidos. Debemos ter moi presente os intereses das persoas ás que nos diriximos…!!

Máis delicado aínda é o emprego doutros sistemas de mensaxería (Telegram, whatsapp). As posibilidades destes sistemas -sobre todo Telegram- son enormes. Pero o seu uso require de tacto e experiencia… etc, etc,… (a finalidade deste artigo é so a de citar estratexias e enumerar posibilidades, sen ánimo aquí de afondar nos temas).

8.- O boca a boca ou Marketing de Referencia

En esencia, trátase de que os nosos usuarios/clientes SATISFEITOS se convirtan en prescriptores, e que cheguen a recomendar o noso produto/servizo no seu círculo social.

Xa é unha técnica tradicional, da que todos temos oído falar, polo que é doado menospreciala, no sentido de que cremos coñecer como levala a cabo. Pero aplicala de forma “subxectiva” pode levarnos a destragar recursos e forzas. A chave, para que esto non suceda, está en que invirtamos un tempo para identificar aos “nodos” ou persoas que, polas características da súa personalidade/circunstancias, rodéanse dun entorno amplio e de valor para o produto/servizo que nos interesa promover. É nestas persoas singulares, identificadas correctamente, nas que temos que centrar a meirande parte dos nosos esforzos se levamos a cabo esta estratexia.

O boca a boca tradicional evolucionou para convertiuse no “Márketing de Referencia”, e este é un conceito máis amplo que abrangue tamén a remuneración -en distintas formas- ao cliente, que vai desde o deseño de bonos, descontos, etc, por mencións/promocións de distinto tipo en redes sociais, por exemplo, ata a contratación de “influencers”, tan de moda nos últimos anos.

9.- Investir en Márketing Off-line

Falamos aquí de medios tradicionais (prensa, radio e televisión), patrocinios, e artes finais impresas.

Pero non deberíamos pensar no márketing off-line como unha acción illada na nosa estratexia: O emprego destas técnicas -de sempre- serán agora moito máis eficaces se as apoiamos desde a nosa páxina web.

Os medios tradicionais seguen ahí, e seguen a constituir unha ferramenta a ter moi en conta porque permiten chegar a audiencias novas, máis alá dos clientes/prospectos que xa nos coñecen. Tamén debemos contemplar as posibilidades de patrocinios para eventos culturais e deportivos. As artes finais impresas son hoxe unha alternativa interesantísima para a promoción de certas actividades.

a.- Os medios tradicionais son de pago e son caros, pero non tanto como hai uns anos, porque teñen que adaptarse a uns tempos nos que os medios dixitais apretan con prezos máis baixos e, sobre todo, coa posibilidade de apuntar mellor a audiencias específicas. Como norma, debemos pagar sempre que queiramos ampliar a nosa audiencia, e esto sucede tanto nos novos medios dixitais (se non pagamos, o alcance dos nosos contidos redúcese a unha pequena parte do círculo dos nosos contactos) como nos medios tradicionais. Teñamos en conta que, cando se trata de ampliar a nosa audiencia, non hai tanta diferencia económica.

Doutra banda, os medios tradicionais están hoxe padecendo enormes cambios que compre non perder de vista. A prensa chega agora a moita menos xente que hai un ano, co peche da hostelería… A radio segue a ser un medio interesante. A televisión segue a ser cara e perdeu moita audiencia… Semella que so fica a radio como medio verdadeiramente interesante para a difusión de proxectos locais. Falamos dun entorno cambiante. Non é doado acertar. Consello: Debemos pedir datos de audiencias, para analizalos e contrastalos, antes de invertir en medios deste tipo.

b.- Os patrocinios serven para a promoción dunha marca. No contexto actual de crise sanitaria, son delicados. Non pasamos un momento no que disfrutemos de reunións e eventos culturais ou deportivos. Normalmente, ademáis, é unha actividade de promoción cara. Mellor falamos así que pasen uns meses…

c.- As artes finais impresas poden ser moi efectivas hoxe en día, sobre todo cando temos detrás a nosa web. Sorprende que chegue unha tarxeta de promoción ao noso buzón, por exemplo, e se a tarxeta leva un código QR a través do que podemos visitar unha web na que ampliar información, obter algún tipo de beneficio… temos aquí unha poderosa ferramenta de promoción para a nosa actividade, coa que podemos captar novos prospectos e ampliar a nosa base de datos. A imaxinación é o límite!!!

A finalidade deste artigo non é máis que a de enumerar unha serie de estratexias que funcionan, para a promoción de PYMES e proxectos locais. Poden ir xuntas ou separadas,… quero teimar cunha idea que deixei caer ao principio: Cada proxecto é único, e require dunha análise específica para establecer unha Estratexia de Comunicación antes de empezar a empregar os nosos esforzos e recursos.

Necesitas Axuda co teu Proxecto?

Pedir Presuposto

Podes empregar este formulario para pedir un presuposto.

Non hai tratamento automatizado. laughing

Responderase o antes posible!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.

Outras Entradas de Interese

A utilidade dun ERP para a xestión do noso proxecto

A utilidade dun ERP para a xestión do noso proxecto

Necesitas un programa para xestionar a facturación do teu proxecto? Non é necesario gastar miles de euros -ou centos- para poder ter un programa de xestión á medida , nin moito menos. Existen solucións de varios tipos e, para pemes ou autónomos, podemos adaptar...

read more
Mapa SEO para o 2024

Mapa SEO para o 2024

Queres que te atopen os teus clientes? A visibilidade é fundamental para que noso proxecto funcione!!! Neste artigo falamos de SEO Local, é dicir, do que tes que facer para que os buscadores (Google, Google Maps, Bing, Apple, etc) amosen o teu proxecto nos primeiros...

read more
Pack Emprendemento

Pack Emprendemento

Se estás a iniciar un proxecto comercial ou queres mellorar o que xa tes, esto pode ser do teu interese. Trátase dunha solución que integra todo o que unha PYME ou autónomo necesita para, na práctica, botar a andar cun proxecto: visibilidade e un sistema de xestión, e...

read more

Info & Contacto

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Pol. de Bergondo. 15165 A Coruña

En toda Galicia:

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Outras zonas, consultar.

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.