Montar unha tenda on-line: Aspectos a considerar
Montar unha tenda on-line está de moda!! Chéganos desde os medios as cifras do incremento do comercio electrónico… Pero do que non falan tan alegremente é de todos os proxectos que quedan polo camiño. Xa teño algunha experiencia: Acumulo varios fracasos e algún éxito relativo. Espero que estas liñas sirvan para facer pensar sobre algúns aspectos que vexo importantes.
[google-translator]
Como no resto das entradas deste blog, vou falar desde a perspectiva dun comercio ou proxecto local: Partimos de que contamos con poucos recursos -normalmente- se os comparamos coas corporacións e grandes empresas que están detrás das plataformas de venta on-line máis exitosas de todo internet.
O que debemos ter claro, antes de nada, é que non é doado ter éxito: Máis do 90% fracasan. Vai haber que traballalo moito e ben. Pero tamén é posible que unha aventura deste tipo compense. (Xa o teño feito!!) Non imos facernos ricos fácilmente pero, cando menos, poderemos chegar a facturar uns miles e atopar aquí unha interesante fonte de ingresos.
O meu obxectivo nestas liñas é compartir a experiencia que xa vou tendo, e dar unhas chaves para chegar a conseguir que realmente retorne a inversión que pensamos realizar.
O Plantexamento: É Viable montar unha tenda on-line?
Antes de lanzarse a montar unha tenda on-line deberíamos -sempre- realizar un Plan de Viabilidade ou Plan de Negocio, do mesmo xeito que o deberíamos facer para calquera proxecto, tanto on-line como off-line.
Perder o tempo? Parécenos algunhas veces que o temos todo claro e que non podemos fallar, pero darlle unha volta pode evitar perder moito (moito máis) tempo despois.
Un Plan de Negocio sirve para plantexar preguntas, para afondar no que pensamos que podemos facer, e para poder analizar -de maneira sistemática- as verdadeiras posibilidades que temos de chegar a bo porto.
Nun Plan de Negocio para montar unha tenda on-line, a maiores do que faríamos normalmente con calquera proxecto “físico”, compre analizar aspectos como os que expoño a continuación.
Os Obxectivos
Trátase dunha tenda 100% on-line ou trátase dun complemento para unha tenda física?
Debemos considerar que se pretendemos vivir exclusivamente dunha tenda on-line vai ser necesario, seguramente, un maior esforzo en moitos aspectos. Necesitaremos traballar nunha área xeográfica maior, incorporar máis referencias, traballar máis a promoción, etc, etc.
Área Xeográfica
Cal é a área xeográfica na que queremos vender? Local? Rexional? Nacional? Mundial?
Debemos saber que a maior amplitude da área xeográfica, maior competencia. Canto máis lonxe pretendamos vender o noso produto máis competidores imos atopar.
Para promover a nosa tenda on-line e que funcione teremos que invertir en publicidade (google, redes sociais…), e se ampliamos a nosa área xeográfica tamén teremos que incrementar a inversión publicitaria para destacar sobre a competencia que imos atopar.
O Tamaño da Tenda
Cal é o número de artigos que queremos xestionar?
Se temos un maior número de artigos tamén teremos unha oferta máis atractiva. Pero a maior número de artigos máis traballo de xestión. É moi distinto ter 100 artigos que 5000.
O tamaño da nosa tenda vai reperecutir necesariamente no resto das decisións: sistema de xestión, tempo, etc.
O Sistema de Xestión
Como imos xestionar stocks, facturación, clientes? Temos xa un sistema de xestión funcionando? A elección do sistema é fundamental.
A primeira vez que se me ocurríu poñer a andar unha tenda on-line, hai xa máis de dez anos, o fixen sen sincronizar a tenda on-line co sistema de xestión que empregábamos na tenda física. tiven o inmenso erro de despreciar todo o traballo que implica ter que actualizar prezos, stocks, disponibilidade de produtos, etc, por duplicado nun sistema de xestión e nunha tenda on-line: Eran demasiados produtos… Inviable!!!
Hai varias formas de facelo: Podemos xestionar toda a nosa actividade cun sistema de xestión específico (Esto é o que recomendo para o que estamos a falar) que podemos sincronizar coa nosa tenda on-line.
Tamén poderíamos xestionar todo desde a nosa tenda on-line, se se trata dun proxecto pequeno.
Do xeito que sexa, os requisitos mínimos que debe cumplir o sistema que escollamos van depender de cada proxecto, pero en xeral son os seguintes:
– Se temos un programa de xestión, permitir a sincronización de prezos, stocks, disponibilidade de produtos e tamén de calquera alteración no nome do produto.
– Permitir a xestión financiera básica: emisión de facturas.
– Permitir unha xestión comercial: recoller os datos de clientes e prospectos para a emisión de presupostos, comunicacións comerciais, etc.
Tamén debería permitirnos seguramente xestionar a xestión con proveedores, e outros temas,… Pero o importante é que sempre temos que pensar en automatizar todo o posible, e que calquera tarefa de xestión conleve o menor tempo posible.
O Tempo co que Contamos
Vai en relación cos nosos obxectivos. É difícil valorar correctamente o tempo que vai requerir un proxecto, e cando hai ordenadores e tecnoloxía polo medio aínda é máis complicado.
Unha tenda on-line implica unha serie de tarefas que son imprescindibles, se queremos que funcione: xestión de proveedores (pedidos, pagos, etc); xestión de almacéns/produtos (stocks, prezos PVP, etc); contidos (publicación de produtos, descripcións, contidos da web, etc); xestión comercial (bases de datos de clientes, presupostos, pedidos, etc); facturación (facturas e cobros); xestión de envíos (embalaxes, empresas de transporte, etc) ; promoción (melloras SEO na web, campañas en Google e Redes Sociais, comunicación con clientes por mailing, mensaxesras, etc, etc). Cada proxecto require unhas tarefas concretas.
Non me parece que un proxecto on-line requira de menos tempo que unha tenda física. Todo depende do que queiramos facer, pero vai levar tempo. Seguramente máis tempo do que nun principio parece.
Capacidades
Cal é o nivel de capacitación técnica da persoa ou persoas que o van xestionar? Tema delicado…
Non aconsello meterse nunha tenda on-line a quen non guste de aprender. Aprender, así en xeral. Porque falamos dun entorno on-line, non do mundo físico. E en temas de redes, informática, redes sociais, solucións de xestión,… todo o que ten que ver con software muda a gran velocidade. Debemos adaptarnos aos cambios constantemente, e debemos tamén estar cun ollo atento ás tendencias que veñen. Temos que dominar a ferramenta, que é o ordenador que temos diante, para ter a habilidade de traballar con velocidade e eficacia.
A miña opinión: Que é o que funciona?
Desde a perspectiva dun proxecto local, meteríame a montar unha tenda on-line se conto cun produto claramente diferenciado. É o máis importante. Aplícase para calquera proxecto, tanto on-line como off-line.
O que me parece máis viable: todo o que é de elaboración propia.
Artesanías, alimentación, cosméticas,… Se producimos nós contamos con marxes comerciais amplios, polo que precisaremos dun menor número de referencias e, seguramente, teremos que pelexar menos coa competencia.
O que non me parece viable: o que xa vende todo o mundo.
O que me parece menos viable é unha tenda on-line para revender. A competencia aquí é enorme, moito máis grande que no físico ou off-line.
Pretender abrir unha tenda, desde Ferrol poñamos por caso, para vender consumibles informáticos a todo o mundo… semella suicida. Únicamente me metería a algo así se dispoño de todo o tempo do mundo, conto cun colchón financiero importante para aguantar todo o tempo que vai tardar en funcionar todo, e se son un grandísimo crack do SEO (pero entón coido que rentaría máis andar dando charlas, cursos e conferencias…).
O intermedio: cando aportamos valor.
Neste intermedio está o máis delicado.
Pode funcionar unha tenda on-line cando ofrece un produto que podes atopar en máis sitio, pero ao que se lle engade un valor que o fai único. E o valor engadido, hoxe en día, vai da man da experiencia de compra.
Un exemplo: sigo coa tenda de consumibles informáticos, pero sin vender a escala mundial, senon que concentramos as nosas ventas nun entorno local, con empresas dirixidas por persoas que nos coñecen, ás que damos un servizo de entrega correcto pero, sobre todo, saben que somos expertos, que nos poden preguntar o que queiran sobre o tema, coa seguridade de que con nós van acertar.
Se te ves quen de poder ofrecer algo así dalle para adiante!!! Pero ollo, que é moi doado errar.
Conclusións
O importante, como en calquera proxecto comercial, é o producto que ofrecemos.
O produto é a base, e todo o que o rodea é secundario: custións técnicas, promoción… O produto debe ter unha demanda o suficientemente alta como para facer viable o proxecto. Se non hai un bo produto detrás todo vai ser complicado. Pola contra, se o que ofrecemos é un produto realmente bo, temos a garantía de que o proxecto vai funcionar. Non vai ser tan importante que a nosa web cargue 0.04s antes, ou que contratemos influencers … 🙂 Se realmente hai produto o proxecto vai funcionar.
Insisto co Plan de Negocio!! É unha ferramenta fundamental porque servir para establecer as liñas do noso negocio, de forma completa. Temos que definir o que imos facer en distintas áreas: jurídico-mercantil, económica, marketing, ventas, recursos humanos, contable-financiera… Escribir todo esto axúdanos a ir máis alá na maduración da idea. E paréceme moi necesario levalo ben claro porque, como comentaba, máis do 90% fracasan.
Para montar unha tenda on-line deberíamos atender (recoller no Plan de Negocio) os aspectos que comentaba: os obxectivos da tenda, sistema de xestión, área xeográfica, tamaño da tenda, o tempo co que contamos e as nosas capacidades como xestores dun proxecto deste tipo.
A inversión? Vai depender do que precisemos: Estou instalando algunha tenda on-line por bastante menos de 1000€, pero podemos subir a todos os miles que queiramos (se pretendemos competir con Inditex, por exemplo). Pero debemos valorar o noso tempo tamén en termos económicos: Canto tempo nos vai levar? Nun principio temos que poñelo a andar, e formarnos. E unha vez posto a andar vai requerir de atención e traballo constante.
Queres axuda para montar unha tenda on-line?
Podemos falalo!! Deixo a continuación datos de contacto e, por se é máis cómodo, un formulario.
Sen compromiso!!
Formulario de Contacto
Podes empregar xa este formulario para contactar.
Non hai tratamento automatizado.
Responderase o antes posible!!
Información de Contacto:
Información de Contacto:
Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.