O que debería ser a túa web
Ofrezo un sistema pensado para autónomos, PEMES, cooperativas,… proxectos locai que necesitamos, sempre, optimizar a nosa inversión para obter o máximo rendemento. Con este obxectivo, penso que ofrezo a mellor opción.
As características son as seguintes:
Ti a controlas
Podes editala fácilmente para que, en todo momento, represente o que queres ofrecer. Engadir ou editar textos, engadir imaxes, ou modificar a orde e disposicións dos distintos elementos, por exemplo, son tarefas rápidas e sinxelas.
Tamén, se queres ir a máis, podes engadir animacións, elementos dinámicos. Todo se pode facre de forma visual, sen que sexa necesario coñecer nada de programación (html, css, php…).
Escalabilidade
Un proxecto está sempre en constante movemento, pode sempre medrar, ou pode mudar a dirección para adaptarse a novas demandas que detectamos no noso entorno.
Podemos implantar un sistema para captar suscriptores e realizar campañas de mailing, ou enlazar con redes sociais de distintas maneiras, sicronizar con calquera ferramenta externa (CRM’s, ERP’s, calendarios, sistemas de reservas, etc, etc), ou podemos lanzarnos a montar unha tenda online, por exemplo.
Non hai límites.
DIVI
DIVI é un constructor visual que permite construir páxinas web con facilidade. É un plugin premium para WordPress: 89$ + impostos = 107$/ano. Pero aquí vai incluído.
Máis información sobre DIVI: https://www.elegantthemes.com/
AI, intelixencia artificial para facer a túa web
Tamén vai incluída, un asistente que permite que emrega a mesma tecnoloxía que o famoso CHATGPT, integrado con DIVI.
Permite xenerar textos, e imaxes, e tamén código para efectos avanzados na túa páxina web. Sen límites.
Máis información: https://www.elegantthemes.com/ai/
Un hosting de calidade
O lugar desde donde a túa páxina está aloxada, a disposición de todo o mundo. Un hosting de caliade é máis que conveniente, máis se empregamos un plugin como DIVI, que permite moito pero tamén esixe moitos recursos. Un hosting compartido, barato e de baixa calidade, non é apto para esto porque a páxina iría lenta e fallaría fácilmente.
Formación Continua
Existen moitas vías e recursos para aprender a facer o que queres, artigos de blogs ou videos específicos. O máis avanzado e de maior calidade está en inglés, a verdade, pero tamén temos recursos en castelán. Podo orientar.
E a formación directa -en persoa- é constante para mín, ben a través de Zoom, que nos permite compartir pantallas, ou ben en persoa, quedando nun lugar físico cos nosos equipos de traballo.