Reseñas negativas de Google

O que temos que facer cando recibimos Reseñas Negativas en Google

Márketing, Social Media

[google-translator]

Varios clientes comentáronme estos días que reciben algunhas reseñas negativas en Google. É algo habitual. Teño sufrido varias veces o mal corpo que deixa que te fagan esto. Pero non hai que agobiarse. Expoño neste artigo unhas directrices simples co que penso que temos que facer nestas situacións desagradables.

Caso 1 .- Se pensamos que é Spam: Notificamos a Google.

A solución, se pensamos que é spam, consiste en notificar a Google. Esto o facemos ao “Marcar como inadecuado o comentario”.

Pero é difícil que Google califique como spam un contido que leva un comentario (máis probable que o faga cando se deixa a calificación e ningún texto). Tamén é difícil que Google califique como spam un comentario realizado por un “Local guide”…

Mentres esperamos a que Google responda… deberíamos tamén contestar cun comentario do tipo “non entendemos o motivo desta baixa valoración. Fastídianos bastante porque traballamos para ofrecer un bo servizo. Acabamos de notificar a Google porque parécenos que esto é spam“.

Caso 2.- Se é un comentario que non nos gusta: Contestar!!

É importante contestar a estas reseñas negativas, e mellor canto antes. Debemos explicar que nos preocupa a calidade do servizo que ofrecemos.

Todos fallamos, e seguro que en máis dunha ocasión.

Non temos que agobiarnos por unha mala reseña. O mellor é tratar de velo polo lado positivo: Temos diante é unha oportunidade para contarlle ao mundo que somos humanos e fallamos, pero nos preocupa a calidade do servizo que ofrecemos, e tratamos de mellorar cada día.

Un exemplo

Xestiono esta conta. Podedes botarlle un ollo á Ecotenda78 para ver como o imos levando:

https://g.page/ecotenda78?share

Pero non deberíades tardar un mes en contestar comentarios!! wink

 

Unha consideración personal sobre as reseñas negativas en Google

Cando recibimos un servizo pésimo e saímos cabreados, a reacción pode ser ir correndo a Google “a poñelos verdes”… Moi humano. Bueno vale…

Pero paréceme, por experiencia, que moitas veces non sabemos ou non podemos valorar as dificultades que implica realizar o servizo que nos están prestando. Xa non falo únicamente das dificultades técnicas do servizo en si, senon das dificultades ou circunstancias polas que poden estar atravesando as persoas que o levan a cabo.

Teño posto reseñas negativas en Google, pero hai anos. E estou en proceso de retiralas. Coido que deberíamos pararnos a darlle algo á cabeciña con este tema.

A min pareceríame ben que poidéramos describir o servizo que recibimos, para que calquera se poida facer unha idea do que pode esperar, pero paréceme peor o de poñerlle nota porque é unha simplificación excesiva de algo importante para as persoas que, co seu esforzo, están detrás do que alegremente xulgamos.

Ademáis, disfruto bastante de que esto das reseñas vaia perdendo credibilidade, aínda que polo de agora segue a condicionar bastante. Non gusto nada deste oligopolio dixital que vivimos: Ogallá foran xurdindo alternativas. Pero coido que toca esperar.

Programas de Xestión

Implantación de ERP / CRM

Sistemas completos e adaptables que integran a facturación, xestión comercial (terceiros, presupostos...), control de almacéns, TPV, etc, etc.

Marketing

Para proxectos locais

Solucións a medida, escalables, desde unha páxina web para un posicionamento on-line ata solucións específicas (mailing, e-commerce, integración off-line, etc).

Información e Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Pol. de Bergondo. 15165 A Coruña

En toda Galicia:

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Outras zonas, consultar.

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.

Outras Entradas de Interese

A Nova Publicidade: PPC Marketing

A Nova Publicidade: PPC Marketing

[google-translator] Oiches falar do PPC Marketing? Falamos da mellor maneira, hoxe en día, de facer publicidade para PYMES, autónomos e proxectos ligados a un territorio.Estamos a ver como hoxe vai reducíndose a inversión en prensa, radio e televisión. É a tendencia...

read more
PYMES: Bo Uso e Mal Uso das Redes Sociais

PYMES: Bo Uso e Mal Uso das Redes Sociais

As Redes Sociais deberían ser un importante medio para acadar unha maior Visibilidade para o noso proxecto. Sen embargo, aínda existe un elevado número de proxectos locais -empresas, autónomos, etc- que únicamente están a promocionarse a través de redes sociais (facebook e instagram fundamentalmente). É un erro, un mal-emprego desta ferramenta. Imos explicalo nestas liñas.

read more
Montar unha tenda on-line: Aspectos a considerar

Montar unha tenda on-line: Aspectos a considerar

Montar unha tenda on-line está de moda!! Chéganos desde os medios as cifras do incremento do comercio electrónico... Pero do que non falan tan alegremente é de todos os proxectos que quedan polo camiño. Xa teño algunha experiencia: Acumulo varios fracasos e algún...

read more

Información e Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Pol. de Bergondo. 15165 A Coruña

En toda Galicia:

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Outras zonas, consultar.

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.