Márketing Local
Estructura Básica para un Proxecto Local
Desde 400€
Esto é unha oferta básica con todo necesario para que calquera empresa ou proxecto local (PYMES, autónomos, asociacións...) empece a funcionar e a conseguir visibilidade e clientes.
A partires de aquí pódese tamén ampliar (extensións para mail-marketing, redes sociais...unha tenda on-line?...), pero xa en función das necesidades de cada proxecto.
Partimos dunha análise básica do proxecto, para deixar por escrito un documento no que se recollen as accións a realizar. Cada proxecto é único, e require de accións específicas.
Configúranse aspectos esenciais para o SEO Local, como son a alta e optimización da nosa ficha nos directorios de Google (o que vai posibilitar que aparezamos correctamente tanto nas búsquedas orgánicas como en Google Maps), e unha páxina web que, ademáis de constituir o escaparate on-line do noso proxecto, é fundamental para asegurar a presencia nos primeiros lugares dos resultados, no momento en que calquera persoa realice unha búsqueda relacionada co produto ou servizo que ofrecemos.
A páxina web realízase sobre Wordpress, o sistema máis contrastado e empregado do mundo, que permite infinitas posibilidades de adaptación ás necesidades do noso proxecto. É un sistema que permite unha total escalabilidade, que permite ir medrando a medida que o requiran as nosas necesidades: podemos incorporar desde un blog (opcional, xa incluído no prezo) ata unha completa tenda on-line avanzada ou diversas solucións de comunicación (mail-márketing, formularios, alertas, etc, etc).
Na instalación de wordpress inclúese o tema premium DIVI, unha solución que permite a creación de contidos atractivos, con animacións, efectos, etc, sen necesidade de saber programación.
- Auditoría previa
Análise básica da situación do proxecto e do entorno: Temos que facer varias preguntas para identificar as necesidades.
- Definición das liñas dun Plan de Márketing
Plasmación, por escrito, das liñas maestras a partires das que se van desenvolver as accións de márketing que se consideren oportunas.
- Configuración GMB
Optimización básica de ficha de Google My Business para a visibilidade do proxecto en buscadores e Google Maps.
- Dominio e Hosting*
Dominio .com, .es, etc, e hosting de alta calidade (espacio no que se almacenan os arquivos que constitúen unha web ou outros sistemas accesibles a tavés de internet) en VPS dedicado.
- Correo Electrónico*
Correo electrónico profesional. Ata 100 contas.
Exemplo: info@miñaempresa.com
- Creación de Páxina Web Premium optimizada
Páxina web coas seccións básicas: Portada, Produtos/Servizos, Blog (opcional), Contacto. Optimizada a medida das necesidades de cada proxecto. Inclúe tema DIVI (valorado en80€/anualmente)
- Formación contínua
Aceso a contidos de formación contínua, á medida das necesidades de cada proxecto.
* Dominio, hosting e correo electrónico son servizos anuais. O prezo é variable: para o hosting de calidade que recomendamos anda sobre os 100€/ano.
E formación contínua!!
Se falamos de márketing, falamos de técnicas que evolucionan rápidamente, todos os días, e van aparecendo constantemente novas solucións e alternativas que poden ser interesantes ou darnos ideas para a promoción do noso proxecto. +Info
Pedir Presuposto
Podes empregar este formulario para pedir un presuposto.
Non hai tratamento automatizado.
Responderase o antes posible!!
Información de Contacto:
Información de Contacto:
Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.