Pack Emprendemento

Se estás a iniciar un proxecto comercial ou queres mellorar o que xa tes, esto pode ser do teu interese. Trátase dunha solución que integra todo o que unha PYME ou autónomo necesita para, na práctica, botar a andar cun proxecto: visibilidade e un sistema de xestión, e vai todo xunto para facelo máis asequible, optimizado para acadar máis con menos.

O que inclúe:

Visibilidade I: Ficha de Google. Creacción / optimización. Máis info.

Visibilidade II: Páxina web básica escalable. Dominio, hosting e correo electrónico. Máis info.

ERP: Sistema de xestión modular, configurado á medida das necesidades do noso proxecto. Máis info.

Robustez e seguridade

Falamos de sistemas cos que nós levamos máis de 10 anos traballando en distintas empresas.

Son sistemas respaldados por unha rede mundial de informáticos e empresas que desarrollan e dan soporte, e que nos permiten garantizar a seguridade e a robustez das alternativas que propoñemos tanto para a construcción da nosa propia web como para o sistema de xestión.

Custa menos do que esperas

Conseguimos un custo moi baixo ao optimizar os recursos (páxina web e ERP van xuntos para aforrar) e tamén ao seleccionar as mellores solucións… porque acumulamos xa anos de experiencia!!!

Pero Exactamente canto custa?

Tes que preguntar porque pode variar en función das características de cada proxecto. Ademáis podes tamén non-necesitar algunha parte do pack que aquí se ofrece.

A Ficha de Google

O primeiro paso para a visibilidade do noso proxecto

Hoxe tod@s buscamos co teléfono ou co ordenador cando nos xurde unha necesidade, cando precisamos dalgún produto ou servizo.

Ao realizar a búsqueda aparécennos resultados pertinentes, de empresas cercanas á nosa ubicación, que prestan servizos ou ofrecen produtos similares ao que queremos.

Google, Bing, Apple, Maps…etc, representan unha fonte de novos clientes para as empresas que ocupan os primeiros lugares entre os resultados das búsquedas. Para o noso proxecto é máis que interesante estar ahí.

Google é o sistema máis consultado, o que conta con maior número de usuarios. Dar de alta e configurar no seu directorio a ficha da nosa empesa permítenos estar presentes tanto nos resultados orgánicos (buscas que facemos nun navegador web) como en Maps.

Temos que configurar os datos da nosa empresa, verificar a nosa ficha, e poñer todos os datos de interese para os nosos clientes potenciais: as categorías nas que está o produto/servicio que ofrecemos, horarios, fotos, etc.

 

A Páxina web

O centro da nosa estratexia comercial

A nosa web é o escaparate do noso proxecto. É o lugar no que amosamos ao mundo os produtos/servizos que ofrecemos, un folleto disponible as 24h do día.

É moi importante para xenerar credibilidade e confianza, tanto aos nosos clientes potenciais como aos buscadores.

Ademáis, para os buscadores, como Google, a web propia representa unha verificación da nosa actividade. Os seus robots comproban constantemente ás páxinas da nosa web (que temos enlazada coa nosa ficha de Google, por exemplo), comproban os visitantes que recibimos, os datos que aportamos… É unha medida da importancia dun proxecto. E en función desta importancia tamén estaremos máis ou menos arriba nos resultados das búsquedas.

Unha web ben xestionada, na que coidamos o SEO, pode permitirnos alcanzar novos clientes.

É unha plataforma que nos permite escalar o noso negocio, na que podemos habilitar distintos recursos: enquisas, áreas de usuario, formacións,… ou unha tenda online.

Temos a nosa web cun dominio (dominio.com/es/org/eu…) nun hosting no que tamén temos os nosos correos electrónicos (xxxxxx@dominio.com/es/org/eu…).

 

Do it yourself?

Unha páxina web debe ser algo vivo.

O ideal, o que se recomenda, é que como mínimo aprendas a inserir/modificar textos na túa páxina web. Co sistema que se instala faise dun xeito moi doado. Despois podes ir a máis.

Co “pack” do que aquí falamos ofrecemos unha páxina web básica, pero con todo o necesario para levala ate donde se queira: Permite ampliala, crear un blog, enlazala con redes sociais, traballar o SEO, unha tenda online… Calquera cousa que imaxines o podes facer na túa páxina.

Ofrécese toda a información e axuda para que xestiones e mellores a túa páxina, pero se non te chega o tempo e non podes non te preocupes. Tamén hai fácil solución!!!

 

Sistema de Xestión: ERP modular

Eficiencia para o teu proxecto

É un sistema que centraliza e interrelaciona toda a información do teu proxecto: Clientes, clientes potenciais, prospectos, presupostos, facturas, proveedores, stocks de produtos, TPV, etc, etc. Configúrase a medida, coas características que cada proxecto necesita.

É un sistema que almacena toda a actividade que levas a cabo, ao que podes ter lugar desde calquera lugar, que relaciona toda a información e que permite obter informes de distintos tipos.

Permite a configuración de infinitos usuarios con niveis de acceso específicos (área de contabilidade, comercial, almacén, etc)

Por suposto, facilita toda a xestión fiscal: podes exportar as túas facturas emitidas cun click, para envialas á xestoría.

Cumple cuns requisitos

– Fiabilidade 100%: Falamos de sistemas más que testados, desde hai anos. Levan varias capas de seguridade, e para que poidamos acceder a eles desde un navegador web incorporan un protocolo de conexión cifrado, como o dos bancos. Ademáis configúranse para que automaticen unha copia de seguridade diaria. 

– Flexibilidade: A configuración modular dun ERP destas características permite adaptalos ás necesidades concretas de cada proxecto. Ademáis, existe un ecosistemas de empresas e programadores que ofrecen solucións para necesidades específicas.

– Escalable: Podemos activar novas funcionalidades a medida que o require o noso proxecto. Podemos incorporar novos usuarios sen límite. Permite, en calquera momento, que integremos o sistema con gran cantidade de programas para a empresa: correo electrónico, logística, tiendas online, etc.

Non deixes de poñerte en  contacto para calquera dúbida ou aclaración!!!

Información de Contacto

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Parroquia de Cortiñán, G6

Polígono de Bergondo. 15165 A Coruña.

Outras Entradas de Interese

Info & Contacto

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Pol. de Bergondo. 15165 A Coruña

En toda Galicia:

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Outras zonas, consultar.

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.