SEO para comercios e proxectos locais

Internet posibilita unha enorme visibilidade para proxectos locais, que a través deste medio poden incluso contar con algunhas ventaxes sobre empresas máis grandes. . Pero, ¿que é o que temos que facer para ser visibles en internet? Tratamos de dar as chaves, de forma simple, neste artigo!!

Unha nota: Son 15. Son moitos. Pero non hai que asustarse! 🙂 Ao final explico que podemos simplificalo.

SEO para comercios e proxectos locais

–  Falamos de SEO: ¿Que é esto do SEO?

Existen varias maneiras de facerse visible en Internet: O SEO (Search Engine Optimization) é unha delas, e pode que a máis importante, pero non a única. O SEO consiste na “Optimización para Motores de Busca“, no conxunto de accións que debemos realizar sobre a páxina desde a que presentamos o noso proxecto ao mundo para conseguir que apareza nos buscadores -onde hoxe buscamos todo o que precisamos- da mellor forma posible.

Hai xa anos que a humanidade deixou de empregar as “páxinas amarelas”: Agora buscamos en Google. É donde temos que estar, e canto mais arriba mellor. A segunda páxina de resultados, cando buscamos en Google, a mira pouca xente. O SEO, cando o facemos ben, coloca o noso proxecto nun dos primeiros lugares nos resultados dunha búsqueda. En consecuencia, as persoas interesadas poden chamar a nosa porta -visitar a nosa páxina web- e podemos obter clientes.

Ao falar de SEO falamos de “posicionamento orgánico”: Non pagamos polo SEO. Non debemos confundilo coa posibilidade de pagar para que un búscador coloque o noso “anuncio” ao principio da páxina de resultados dunha busca. En SEO non hai anuncios, hai técnicas que empregamos cando construímos os contidos da nosa web, e ás técnicas ou accións ás que debemos prestar maior atención son as que imos enumerar neste artigo.

Pero non todo é SEO, como decíamos antes. Existen outros medios, outras técnicas para facerse visible e chegar ao noso público obxectivo que, dependendo de cada proxecto, poden ter tamen maior ou menor importancia e utilidade: mailing, redes sociais, etc. Normalmente falamos de técnicas que son complementarias.

As 15 accións importantes

SEMrush, a empresa que está detrás dunha das máis importante ferramentas para a xestión do SEO a nivel mundial, ven de publicar un interesante artigo: 15 Google SEO Ranking Factors (That Really Matter). Analizan os 15 factores máis importantes para Google, cando falamos de que unha páxina apareza nos primeiros lugares do resultado dunha busca. Son 15 accións que podemos levar a cabo na nosa páxina web. Facemos nestas liñas un resumo deste artigo, moi resumido. Quen queira saber máis pode ir ao orixinal.

Os 15 factores serían, por orde de importancia, os seguintes:

As cinco importantes son estas:

1. Contidos de alta calidade

É o máis importante. Google vai mellorando os seus sistemas para detectar a calidade dos contidos. Recoméndase ter un mínimo de 300 palabras de contido orixinal, como mínimo, en artigos e páxinas. E ollo con copiar, porque penaliza.

Un blog é máis que recomendable, sempre que se poida atender, por unha chea de motivos.

2. SEO na páxina (On-Page)

Esto refírese ao axustes SEO das páxinas ou artigos dun blog: Debemos definir as palabras clave, metadescripcións, estructura dos contidos, configuración das imaxes, etc. Pero non hai que asustarse porque, se falamos de WordPress, temos ferramentas que facilitan moito todo esto, como por exemplo RankMath (a miña favorita) ou Yoast (clásica) que facilitan toda a labor do Seo On-Page.

3. Palabras clave eficaces

Un axuste básico que debemos configurar nas nosas publicacións son as palabras clave (keywords). Entraría dentro do apartado anterior, pero ten unha importancia específica. Non nos referimos aquí únicamente á importancia de configurar o SEO On-Page, senon á importancia de facelo ben. Existen varias ferramentas das que nos podemos valer para facer esto correctamente: Google Keywords Planner ou mesmo a ferramenta que ofrece SEMrush.

4. Ligazóns Entrantes (backlinks) útiles

Google revisa os enlaces que apuntan a nosa páxina web. Entende que se nos poñen nun enlace, para que se nos visite, debe de ser que os nosos contidos terán certa importancia, e valora esto moito. MIra que a páxina que ten o enlace teña certa relación temática coa nosa páxina ou cos contidos que publicamos e que tratamos de posicionar. Ademáis, Google ten en conta tamén a importancia da páxina que apunta ao noso sitio,  e o máis positivo é que sexan páxinas ben valoradas por Google as que apunten ao noso sitio web.

5. Seguridade

Todo o anterior pode non servir de nada se a nosa paxina web non é considerada como accesible e segura. É absolutamente básico o protocolo seguro, o que vemos como https:// no enderezo da nosa web. As páxina que aínda podemos ver na internet cun enderezo web do tipo http:// – sen a –S – o están facendo mal.

6. Rastrexabilidade

Google, e tamén o resto de buscadores, indexan toda a internet con robots, como arañas que van meténdose por todas partes, seguindo enlaces e detectando todos os contidos para que despois, cando calquera usuario teclea unha busca, os resultados sexan pertinentes, o máis axustado posible ao que o usuario pode estar buscando realmente. Google valora a existencia dun arquivo chamado “robots.txt” na raiz do sitio, que é o arquivo que debe configurar as páxinas que deben rastrexar os robots e as páxinas que non.

7. Velocidade de carga

Valórase tamén a velocidade de carga dos sitios. É importante que as fotografías estén correctamente dimensionadas e optimizadas, porque son normalmente a principal causa pola que unha web carga despacio. Pero tamén é importante, neste sentido, contar cun servidor de calidade, con capacidade para servir os contidos con rapidez.

8. Comportamento do usuario (Engagement)

Vai asociado ao primeiro punto, o que era o máis importante: Contidos de calidade. E o comportamento de usuario non é máis que unha comprobación máis de que os contidos son de calidade, realmente. Fálase aquí da “tasa de rebote” (Bounce Rate), que é básicamente o tempo que un usuario bota na web. Se chega a unha páxina e aos poucos segundos marcha… malo.

9. Schema Data

Traduciríamos esto como “marcado de esquema”, peero queda raro. Trátase de información que podemos proporcionar aos buscadores, que non é necesario pero si conveniente. Son tamén meta datos, e pódense engadir a nosa web de varias maneiras. Nas páxinas feitas con wordpress temos plugins que facilitan esta tarefa.

10. Autoridade de dominio

A Autoridade do Dominio mide a calidade e credibilidade dun dominio. Mellórase atendendo aos puntos anteriores: Contidos de Calidade -sobre todo-, enlaces entrantes, etc. É unha métrica que desenvolveu a empresa MOZ, que ofrece unha ferramenta para medir a autoridade de calquera dominio .

11. Facilidade móbil

É o deseño “responsive”, que se lle chama. Nos tempos que corren, conta bastante que as páxinas se adapten aos dispositivos móviles. Este aspecto debería importar xa non so pensando no SEO: Máis da metade do volumen de visitas a páxinas desde a internet realízase xa desde dispositivos móviles.

12. Listados de empresas fiables

Aparecer en directorios de empresas é moi positivo. O primeiro que hai que pensar, neste sentido, é no ecosistema de Google: Google Business/Google Maps. Despois podemos tamén pensar noutros directorios máis específicos para o noso sector. É importantísima a consistencia nos datos de contacto e enderezos cos que aparecemos nos directorios, que coincidan entre eles e, sobre todo, cos datos qeu publicamos na nosa web.

13. Lexitimidade das redes sociais

Google está a valorar as contas sociais relacionadas con cada proxecto, e nelas atende a parámetros como o número de seguidores, as interaccións que se producen, ou o número e frecuencia das publicacións. Debemos ter tamén en conta que as redes sociais son unha das formas que temos de levar tráfico -visitantes- a nosa web.

14. Snippets (fragmentos) de Google

Refírese fragmentos destacados que vemos moitas veces nos resultados que obtemos das pesquisas que facemos en buscadores. Teñen o formato pregunta-resposta. Non podemos definilos, nin decirlle a Google que queremos que unha parte dos nosos contidos sexan un “fragmento destacado”. O máximo que podemos facer é escribir os nosos contidos en forma de pregunta-resposta

15. Facilidade de uso

Google trata de valorar e promover as páxinas que son amigables para os visitantes. Implica que debemos ter sempre na cabeza as necesidades dos visitantes das nosas páxinas, o que buscan, para que a disposición do que atopan sexa aseuquible. Para acadar esto debemos coidar aspectos como os menús e enlaces, ou a estructura dos nosos contidos co emprego correcto de títulos e subtítulos, coa xerarquía (H1,H2,H3…,) que corresponda).

 E como atendemos a todo esto?

Atender a todos estos factores pode ser complicado. Non se trata de facelo todo e facelo perfecto. Falamos de técnicas en rápida e constante evolución, polo que sempre haberá espacio para a mellora, e a distintos niveis…

O que semella importante é que teñamos en conta o que queren os buscadores: ofrecer -aos seu usuarios- os resultados máis pertinentes. Dar resposta da mellor forma posible a pesquisa que se leva a cabo. E os robots que constantemente rastrexan a web móvense e valoran con algoritmos encamiñados a mellora constante dos resultados que se obteñen nas buscas.

Por este motivo, o primeiro factor que veíamos –Contidos de Calidade– é xa desde hai tempoo factor máis importante, e os buscadores irán identificando cada vez mellor este tipo de contidos, que son os que interesan a todas as partes. 

Xenerar Contidos de Calidade é o valor seguro, se o que queremos é visibilidade. Pero ten un par de problemas: é lento e leva tempo… Trátase de construir unha montaña de coñecementos sobre un tema específico. Tamén habería que engadir que con esta acción chégase a un público de calidade: as persoas que precisamente están interesadas nos nosos contidos.  

Os cinco primeiros factores que veíamos neste listado, os cinco factores máis importantes (1.- Contido de alta calidade. 2.- SEO na páxina. 3.- Palabras clave eficaces. 4.- Ligazóns de retroceso útiles. 5.- Seguridade), son os que deberíamos atender e priorizar cando publicamos os contidos da nosa web. O resto está ahí, e está ben sabelo… Xa vai sendo o tempo -ou o presuposto- o que permite máis melloras, menos urxentes.

Para contextualizar todo esto, deberíamos ter en conta que os Contidos de Calidade poden -e deben- enmarcarse dentro do que se chama Inbound Márketing, que queda para outra. 🙂

Posts de interese

PYMES: Bo Uso e Mal Uso das Redes Sociais

PYMES: Bo Uso e Mal Uso das Redes Sociais

Artigo actualizado o 16 de novembro, 2020 (Traducción automática)As Redes Sociais deberían ser un importante medio para acadar unha maior Visibilidade para o noso proxecto. Sen embargo,...

A Utilidade dunha Páxina Web

A Utilidade dunha Páxina Web

A páxina web, hoxe en día, debería ser o centro da estratexia de comunicación de calquera proxecto: É a ferramenta desde a que podemos levar a cabo as principais accións de comunicación. A utilidade dunha paxina web é a de Presentar e dar Visibilidade ao noso...

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63 - info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño - 15576 A Coruña

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Traducir »