SEO para comercios e proxectos locais

Actualizado o 08/01/2021

Internet posibilita unha enorme visibilidade para proxectos locais, que a través deste medio poden incluso contar con algunhas ventaxes sobre empresas máis grandes. Pero, ¿que é o que temos que facer para ser visibles en internet? Tratamos de dar as chaves, de forma simple, neste artigo!!

SEO para comercios e proxectos locais

Unha nota: Son 15. Son moitos. Pero non hai que asustarse!laughing Xa digo agora que HAI SORPRESA ao final do artigo!!!

(Tradución automática)

–  Falamos de SEO: ¿Que é esto do SEO?

Existen varias maneiras de facerse visible en Internet: O SEO (Search Engine Optimization) é unha delas, e pode que a máis importante, pero non a única. O SEO consiste na “Optimización para Motores de Busca“, no conxunto de accións que debemos realizar sobre a páxina desde a que presentamos o noso proxecto ao mundo para conseguir que apareza nos buscadores -onde hoxe buscamos todo o que precisamos- da mellor forma posible.

Hai xa anos que a humanidade deixou de empregar as “páxinas amarelas”: Agora buscamos en Google. É donde temos que estar, e canto mais arriba mellor, porque a segunda páxina de resultados, cando buscamos en Google, a mira pouca xente.

O SEO, cando o facemos ben, coloca o noso proxecto nun dos primeiros lugares nos resultados dunha búsqueda. En consecuencia, conseguimos que as persoas interesadas chamen a nosa porta -visitar a nosa páxina web- e podemos obter clientes.

Ao falar de SEO falamos de “posicionamento orgánico“: Non pagamos polo SEO. Non debemos confundilo coa posibilidade de pagar para que un búscador coloque o noso “anuncio” ao principio da páxina de resultados dunha busca. En SEO non hai anuncios, hai técnicas que empregamos cando construímos os contidos da nosa web, e ás técnicas ou accións ás que debemos prestar maior atención son as que imos enumerar neste artigo.

Pero non todo é SEO, como decíamos antes. Existen outros medios, outras técnicas para facerse visible e chegar ao noso público obxectivo que, dependendo de cada proxecto, poden ter tamen maior ou menor importancia e utilidade: mailing, redes sociais, etc. Normalmente falamos de técnicas que son complementarias.

As 15 accións importantes

SEMrush, a empresa que está detrás dunha das máis importante ferramentas para a xestión do SEO a nivel mundial, ven de publicar un interesante artigo: 15 Google SEO Ranking Factors (That Really Matter). Analizan os 15 factores máis importantes para Google, cando falamos de que unha páxina apareza nos primeiros lugares do resultado dunha busca. Son 15 accións que podemos levar a cabo na nosa páxina web. Facemos nestas liñas un resumo deste artigo, moi resumido. Quen queira saber máis pode ir ao orixinal.

Os 15 factores serían, por orde de importancia, os seguintes:

As cinco importantes son estas:

1. Contidos de alta calidade

É o máis importante. Google vai mellorando os seus sistemas para detectar a calidade dos contidos. Recoméndase ter un mínimo de 300 palabras de contido orixinal, como mínimo, en artigos e páxinas. E ollo con copiar, porque penaliza.

Un blog é máis que recomendable, sempre que se poida atender, por unha chea de motivos.

2. SEO na páxina (On-Page)

Esto refírese ao axustes SEO das páxinas ou artigos dun blog: Debemos definir as palabras clave, metadescripcións, estructura dos contidos, configuración das imaxes, etc. Pero non hai que asustarse porque, se falamos de WordPress, temos ferramentas que facilitan moito todo esto, como por exemplo RankMath (a miña favorita) ou Yoast (clásica) que facilitan toda a labor do Seo On-Page.

3. Palabras clave eficaces

Un axuste básico que debemos configurar nas nosas publicacións son as palabras clave (keywords). Entraría dentro do apartado anterior, pero ten unha importancia específica. Non nos referimos aquí únicamente á importancia de configurar o SEO On-Page, senon á importancia de facelo ben. Existen varias ferramentas das que nos podemos valer para facer esto correctamente: Google Keywords Planner ou mesmo a ferramenta que ofrece SEMrush.

4. Ligazóns Entrantes (backlinks) útiles

Google revisa os enlaces que apuntan a nosa páxina web. Entende que se nos poñen nun enlace, para que se nos visite, debe de ser que os nosos contidos terán certa importancia, e valora esto moito. MIra que a páxina que ten o enlace teña certa relación temática coa nosa páxina ou cos contidos que publicamos e que tratamos de posicionar. Ademáis, Google ten en conta tamén a importancia da páxina que apunta ao noso sitio,  e o máis positivo é que sexan páxinas ben valoradas por Google as que apunten ao noso sitio web.

5. Seguridade

Todo o anterior pode non servir de nada se a nosa paxina web non é considerada como accesible e segura. É absolutamente básico o protocolo seguro, o que vemos como https:// no enderezo da nosa web. As páxina que aínda podemos ver na internet cun enderezo web do tipo http:// – sen a –S – o están facendo mal.

6. Rastrexabilidade

Google, e tamén o resto de buscadores, indexan toda a internet con robots, como arañas que van meténdose por todas partes, seguindo enlaces e detectando todos os contidos para que despois, cando calquera usuario teclea unha busca, os resultados sexan pertinentes, o máis axustado posible ao que o usuario pode estar buscando realmente. Google valora a existencia dun arquivo chamado “robots.txt” na raiz do sitio, que é o arquivo que debe configurar as páxinas que deben rastrexar os robots e as páxinas que non.

7. Velocidade de carga

Valórase tamén a velocidade de carga dos sitios. É importante que as fotografías estén correctamente dimensionadas e optimizadas, porque son normalmente a principal causa pola que unha web carga despacio. Pero tamén é importante, neste sentido, contar cun servidor de calidade, con capacidade para servir os contidos con rapidez.

8. Comportamento do usuario (Engagement)

Vai asociado ao primeiro punto, o que era o máis importante: Contidos de calidade. E o comportamento de usuario non é máis que unha comprobación máis de que os contidos son de calidade, realmente. Fálase aquí da “tasa de rebote” (Bounce Rate), que é básicamente o tempo que un usuario bota na web. Se chega a unha páxina e aos poucos segundos marcha… malo.

9. Schema Data

Traduciríamos esto como “marcado de esquema”, peero queda raro. Trátase de información que podemos proporcionar aos buscadores, que non é necesario pero si conveniente. Son tamén meta datos, e pódense engadir a nosa web de varias maneiras. Nas páxinas feitas con wordpress temos plugins que facilitan esta tarefa.

10. Autoridade de dominio

A Autoridade do Dominio mide a calidade e credibilidade dun dominio. Mellórase atendendo aos puntos anteriores: Contidos de Calidade -sobre todo-, enlaces entrantes, etc. É unha métrica que desenvolveu a empresa MOZ, que ofrece unha ferramenta para medir a autoridade de calquera dominio .

11. Facilidade móbil

É o deseño “responsive”, que se lle chama. Nos tempos que corren, conta bastante que as páxinas se adapten aos dispositivos móviles. Este aspecto debería importar, e xa non so pensando no SEO: Máis da metade do volumen de visitas a páxinas desde a internet realízase xa desde dispositivos móviles.

12. Listados de empresas fiables

Aparecer en directorios de empresas é moi positivo. O primeiro que hai que pensar, neste sentido, é no ecosistema de Google: Google Business/Google Maps. Despois podemos tamén pensar noutros directorios máis específicos para o noso sector. É importantísima a consistencia nos datos de contacto e enderezos cos que aparecemos nos directorios, que coincidan entre eles e, sobre todo, cos datos qeu publicamos na nosa web.

13. Lexitimidade das redes sociais

Google está a valorar as contas sociais relacionadas con cada proxecto, e nelas atende a parámetros como o número de seguidores, as interaccións que se producen, ou o número e frecuencia das publicacións. Debemos ter tamén en conta que as redes sociais son unha das formas que temos de levar tráfico -visitantes- a nosa web.

14. Snippets (fragmentos) de Google

Refírese fragmentos destacados que vemos moitas veces nos resultados que obtemos das pesquisas que facemos en buscadores. Teñen o formato pregunta-resposta. Non podemos definilos, nin decirlle a Google que queremos que unha parte dos nosos contidos sexan un “fragmento destacado”. O máximo que podemos facer é escribir os nosos contidos en forma de pregunta-resposta.

15. Facilidade de uso

Google trata de valorar e promover as páxinas que son amigables para os visitantes. Implica que debemos ter sempre na cabeza as necesidades dos visitantes das nosas páxinas, o que buscan, para que a disposición do que atopan sexa aseuquible. Para acadar esto debemos coidar aspectos como os menús e enlaces, ou a estructura dos nosos contidos co emprego correcto de títulos e subtítulos, coa xerarquía (H1,H2,H3…,) que corresponda).

 A sorpresa prometida

Ahí vai: Se somos un proxecto local, un comercio ou un proxecto que realiza a súa actividade nun territorio pequeno… Probablemente non teremos que atender a todas estas accións!! laughing

Vai ser a dimensión da área xeográfica na que desenvolvamos a nosa actividade o que orixine a necesidade de perfeccionar o noso SEO: Todo depende da nosa competencia.

Lóxicamente, canto máis grande sexa a nosa área máis e mellor competencia atoparemos.

O que contamos neste artigo é a optimización para SEO que vai necesitar un proxecto que compita nunha área xeográfica grande: Se tes unha tenda de roupa e queres vender na túa cidadade, que veña a xente a túa tenda, entón non vas necesitar levar o SEO ao nivel que aquí falamos.

Pola contra, se tes unha tenda de roupa e queres vender on-line para toda España, por exemplo, entón prepárate para levar o SEO ao máximo nivel.

Para un proxecto local falta aquí a Accion 0, a primeira e máis importante que deberíamos facer: A nosa presencia nos directorios de Google. (Máis información nestoutro artigo: Aparecer en Google – Guía Básica para Comercios e Proxectos Locais)

Despois deberíamos contar cun dominio ben escollido e cunha páxina web propia: A pouco que teñamos un mínimo de competencia, van axudarnos a aparecer nos primeiros lugares das búsquedas… sempre que as configuremos e as empreguemos correctamente.

Ao contar cunha web propia si son importantes, para un proxecto local, os cinco primeiros factores que veíamos neste listado,

1.- Contido de alta calidade.

2.- SEO na páxina.

3.- Palabras clave eficaces.

4.- Ligazóns de retroceso útiles.

5.- Seguridade

O problema aquí é que, para un proxecto local, o primeiro factor é o máis caro: Crear contidos de calidade leva tempo… Pero ao crear contidos de calidade conseguimos levar tráfico á nesa web, e esta é unha das mellores formas que temos para contarlle a Google que o noso proxecto está activo, que funciona, e que resulta de interese para moitas persoas (canto máis mellor).

Non rascamos máis que a superficie, pero espero que neste artigo quedara clara a diferencia entre “SEO” e “SEO local”: Posiciónase de maneira distinta unha gran empresa, que opera nunha gran área xeográfica, que un proxecto local que opera nun territorio concreto.

Esto representa unha ventaxe competitiva para os proxectos pequenos, centrados nun territorio concreeto, sempre que saibamos empregar -mínimamente- as opcións que temos a nosa disposición para acadar a visibilidade que precisamos.

Se podo axudar, deixo información a continuación:

Estructura Básica para Márketing Local

Desde 400€

Esto é unha oferta básica con todo necesario para unha empresa ou proxecto local bote a andar, no que a márketing se refire. A partires de aquí pódense facer melloras, pero en función das necesidades de cada proxecto.

Partimos dunha análise básica do proxecto, para deixar por escrito un documento no que se recollen as accións a realizar. Cada proxecto é único, e require de accións específicas. 

Configúranse aspectos esenciais para o SEO Local, como son a alta e optimización da nosa ficha nos directorios de Google (o que vai posibilitar que aparezamos correctamente tanto nas búsquedas orgánicas como en Google Maps), e unha páxina web que, ademáis de constituir o escaparate on-line do noso proxecto, é  fundamental para asegurar a presencia nos primeiros lugares dos resultados, no momento en que calquera persoa realice unha búsqueda relacionada co produto ou servizo que ofrecemos.

A páxina web realízase sobre WordPress, o sistema máis contrastado e empregado do mundo, que permite infinitas posibilidades de adaptación ás necesidades do noso proxecto. É un sistema que permite unha total escalabilidade, que permite ir medrando a medida que o requiran as nosas necesidades: podemos incorporar desde un blog (opcional, xa incluído no prezo) ata unha completa tenda on-line avanzada ou diversas solucións de comunicación (mail-márketing, formularios, alertas, etc, etc).

Na instalación de wordpress inclúese o tema premium DIVI, unha solución que permite a creación de contidos atractivos, con animacións, efectos, etc, sen necesidade de saber programación.

E formación contínua!! porque, se falamos de márketing, falamos de técnicas que evolucionan rápidamente, todos os días, e van aparecendo constantemente novas solucións e alternativas que poden ser interesantes ou darnos ideas para a promoción do noso proxecto. 

– Auditoría previa

Análise básica da situación do proxecto e do entorno: Temos que facer varias preguntas para identificar as necesidades.

– Definición das liñas dun Plan de Márketing

Plasmación, por escrito, das liñas maestras a partires das que se van desenvolver as accións de márketing que se consideren oportunas.

– Configuración GMB

Optimización básica de ficha de Google My Business para a visibilidade do proxecto en buscadores e Google Maps.

– Dominio e Hosting*

Dominio .com, .es, etc, e hosting de alta calidade (espacio no que se almacenan os arquivos que constitúen unha web ou outros sistemas accesibles a tavés de internet) en VPS dedicado.

– Correo Electrónico*

Correo electrónico profesional. Ata 100 contas.
Exemplo: info@miñaempresa.com

– Creación de Páxina Web Premium optimizada

Páxina web coas seccións básicas: Portada, Produtos/Servizos, Blog (opcional), Contacto. Optimizada a medida das necesidades de cada proxecto. Inclúe tema DIVI (valorado en80€/anualmente)

– Formación contínua

Aceso a contidos de formación contínua, á medida das necesidades de cada proxecto.

* Dominio, hosting e correo electrónico son servizos anuais. O prezo é variable: para o hosting de calidade que recomendamos anda sobre os 100€/ano.

Pedir Presuposto

Podes empregar este formulario para pedir un presuposto.

Non hai tratamento automatizado. laughing

Responderase o antes posible!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.

9 estratexias eficaces de marketing local para a pequena empresa

9 estratexias eficaces de marketing local para a pequena empresa

Xa estamos no 2021, polo que non hai escasez de estratexias de mercadotecnia baratas, eficaces e fáciles de implementar, coas que podemos chegar a nosa audiencia.
Falamos aquí de nove estratexias de eficacia probada que, se as implantamos correctamente, poden mellorar a visibilidade do noso proxecto.

leer más
Traducir »