Resumo
Este é un breve texto-resumo que contén o prazo, destinatarios e as actuacións subvencionables desta axuda.
Ao final do resumo hai un enlace á normativa orixinal.
ORDE do 19 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código do procedemento CO300C).
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (Publicouse o 4 de maio 2021).
Persoas e entidades beneficiarias
… as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de
unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente cons-
tituídas, que en todo caso cumpran, ademais, os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberán estar dados de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán de prazo ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para solicitar a inscrición no dito rexistro.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise,…
Actuacións subvencionables
1. Liña de dixitalización comercial:
Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns.
1.1. Considéranse actuacións subvencionables de dixitalización comercial:
a) Pulo á transformación dixital: implantación e actualización de páxinas web con venda
en liña e implantación e actualización de webs comerciais.
b) Optimización e axilización dos procesos comerciais: implantación de ferramentas de xestión e de sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e de software adecuados ás necesidades da empresa, así como as tabletas asociadas con esta actuación.
c) Actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de marketing 4.0, na internet ou utilizando novas tecnoloxías
A Introdución de ferramentas de marketing 4.0:
– Instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e na predición de patróns de consumo.
– Ferramentas para ofrecer experiencias reais e interactivas ao consumidor: produtos 3D, ferramentas de realidade aumentada ou escaparates e probadores virtuais.
– Chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.
A mellora da imaxe dixital: imaxes e contidos audiovisuais para a promoción do produto, cartelaría dixital
A publicidade dixital.
Os servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager), máximo once meses dentro do período subvencionable.
d) Actuacións de comercialización dixital.
A participación en eventos efémeros ou feiras dixitais, de carácter comercial ou artesanal, nacionais ou estranxeiros.
e) Loxística e-commerce.
Os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora, realizados por un operador loxístico externo.
f) Loxística e-commerce sustentable no quilómetro cero.
Os gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña ao domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora, realizados no quilómetro cero, con transporte sustentable (eléctrico/bicicleta).
1.2. Intensidade da axuda e investimentos máximos subvencionables:
A porcentaxe de subvención será o 80 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables:
a) Deseño e implantación de páxinas web e web con venda en liña:
– Para a implantación de páxinas web con venda en liña, 4.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de páxina web, 1.000,00 € (IVE excluído).
– Para a actualización de páxina web, 800,00 € (IVE excluído).
Non será compatible a solicitude de actuacións de implantación de páxinas web coas de mellora.
b) Para a implantación de ferramentas de xestión, 3.000,00 € (IVE excluído), e para as tabletas o investimento máximo subvencionable é de 300 € (IVE excluído).
c) Para as actuacións de comunicación, publicidade e marketing 4.0 en internet ou utilizando novas tecnoloxías, 16.000,00 € (IVE excluído) para o conxunto de todas as actuacións, cos seguintes límites:
– Actuacións de mellora de imaxe comercial dixital, 4.000,00 € e publicidade en medios dixitais, 2.000,00 € (IVE excluído).
– Marketing 4.0 en internet ou utilizando novas tecnoloxías, 6.000,00 €.
– Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager), 4.000,00 € (IVE excluído).
d) Para a participación en eventos efémeros ou feiras dixitais, 1.000,00 € (IVE excluído).
e) Para a loxística e-commerce, o investimento máximo será de 1.000,00 € (IVE excluído).
f) Para a loxística e-commerce sustentable, no quilómetro cero, o investimento máximo será de 1.000,00 € (IVE excluído).
O investimento máximo subvencionable para o conxunto das actuacións de dixitalización será de 26.300,00 € (IVE excluído).
….
O texto íntegro da axuda pódese consultar no DOG.

Descarga do PDF