
Taller: Crea a túa web
Presencial. Para autónomos & pemes.
Duración: 12 horas en 3 xornadas.
Prazas limitadas: 6 persoas.
Buscas outro formato?
Prefires unha formación online ou individual?
Obxectivo do taller
Sistema escalable
Despois deste taller, terás instalado un sistema que permite escalar a túa páxina web coas funcionalidades específicas que o teu proxecto pode ir precisando.
A imaxinación é o límite… tendas online, mailing, formularios, reservas, etc, etc.
Destinatarios/as
O taller está orientado a proxectos que precisan dunha plataforma online para presentar os seus produtos ou servizos. O abano é amplo, desde produtos (artesáns, comercio, etc) a servizos (asesorías, turismo, sanitarios, etc.
Calendario Taller
1º Día – 1ª Semana
Traballaremos a teoría que necesitamos: o básico sobre a configuración do noso sistema, e como empezar a traballar con textos e elementos gráficos.
Práctica desde o principio: na segunda parte deste primeiro día imos crear xa a estructura da nosa web.
Levaremos “deberes” para casa. Monitorízase o traballo que realicemos entre as xornadas.
2º Día – 2ª Semana
Teoría: aprenderemos algo de SEO básico. Tamén aprenderemos o necesario para facer que a nosa páxina sexa “responsive” (adaptada aos móviles e tablets). E coñeceremos trucos e solucións máis avanzadas.
Práctica: seguiremos a desenvolver a nosa propia web, poñendo en práctica toda a teoría aprendida e aclarando as dúbidas que poidan aparecer.
Levaremos “deberes” para casa!!!
Levaremos “deberes” para casa. Monitorízase o traballo que realicemos entre as xornadas.
3º Día – 3ª Semana
Traballo coa web propia:
Día de dúbidas prácticas e de solucións máis avanzadas.
Precisas máis información ou tes algunha dúbida?
Tel. 675 89 01 63
Non deixes de chamarme ou escribirme por Telegram ou Whatsapp.
Prezo: 225€
Prazas limitadas: 6 persoas.
-
Hosting + dominio x 1 ano.
-
Instalación e configuración inicial.
Aceso a contidos
A inscrición no curso da aceso a unha páxina que nos vai servir de guía teórica, e que poderemos consultar en calquera momento, durante e despois da realización do taller.

Formulario de Inscrición:
Buscas outro Formato?
Os contidos deste taller pódense adaptar a outro tipo de formatos: Pódese realizar online e/ou de forma individual.
Para concretar as distintas posiblidades, o mellor é que contactes por teléfono ou mail.