Consello para PYMES: Unha web gratuíta é mala opción
(Traducción automática)
Neste artigo imos explicar varios motivos polos que unha web gratuíta é mala opción. E non podemos decir que non teñan a súa utilidade: poden cumprir para un bloguero aficionado, para un particular… Pero escribimos aquí para PYMES, autónomos, asociacións, etc. Se falamos dun proxecto ao que destinamos recursos, no que traballamos para que medre e se consolide coa intención de gañarnos a vida, entón é mellor fuxir deste tipo de solucións que parecen de balde.

Que é unha web gratuíta?
Falamos de servicios de publicación de contidos polos que non pagamos.
Poñemos varios exemplos:
– Constructores gratuítos como wordpress.com, blogger.com, Wix ou Weebly, entre moitos outros.
– Sistemas de aloxamento gratuíto, como algúns que existen para wordpress e outros sistemas.
Que non son webs gratuítas?
Non falamos de webs gratuítas cando empregamos sistemas open-source polos que non pagamos, como wordpress, drupal, joomla, etc, que instalamos nun servidor propio, polo que si pagamos. Estas solucións non son gratuítas: pagamos por un hosting -un espacio nun disco duro no que gardamos os arquivos que conforman, por exemplo, a nosa web- que debería ser de calidade para garantir a accesibilidade desde calquera lugar do mundo a través de internet.
Motivos polos que unha web gratuíta é mala opción
Poden ser unhas mellor que outras, pero a tendencia é esta… tenden a ser malas.
Van aquí os motivos:
Baixo Rendemento
As páxinas gratuítas teden a ser lentas. Tardan en cargar, e este é un factor que afecta enormemente ao SEO (a visibilidade da páxina en buscadores) e, o que aínda é peor, á experiencia do usuario.
Escalabilidade
hai un grave problema de escalabilidade en dous sentidos: dunha banda, é importante ampliar a capacidade do hosting a medida que a nosa páxina crece. Iremos tendo máis usuarios, máis visitas, e os requisitos do sistema tenden a medrar.
Doutra banda, iremos precisando unha adaptación á actividade do noso proxecto. Os sistemas gratuítos non teñen a versatilidade, neste sentido, que pode ter un sistema como é por exemplo wordpress.
Funcionalidades limitadas
Esta limitación, dependendo de cada web gratuíta, afecta normalmente á capacidade para adaptar estéticamente a páxina web; ás limitacións coas que nos atopamos para crear, escalar e xestionar unha tenda on-line; ou ás limitacións que atopamos nas ferramentas para xestionar o SEO.
Dominio Propio
Un dominio propio é barato. E o máis importante é que transmite confianza.Non é o mesmo un dominio do tipo omeuproxecto.com que omeuproxecto.blogger.com, por exemplo…
Control Limitado
Este problema pode ser mais ou menos grave: pode ir desde a falta de datos de análise (importantes para medir o funcionamento do sitio e tomar decisións) ata a dificultade para migrar a outra plataforma ou, incluso -no peor dos casos- que decidan suspendernos a web e que quedemos sen nada, e sen que teñamos moita marxe de maniobra.
En realidade non son gratuítas
Unha web gratuíta en realidade non é gratuíta. O negocio ten que estar nalgures… Normalmente ven por dúas vías: ou ben insertan anuncios na nosa páxina (que non poderemos controlar demasiado), ou ben a plataforma vende os nosos datos.
Poderiamos decir aínda máis motivos… Coido que estos xa son suficientes. Tamén compre decir que non toda a oferta de sistemas que ofrecen unha web gratuíta fallan en todo o que aquí decimos: Os hai que salvan un ou dous dos problemas que mencionamos, pero non chegan nunca a ofrecer as posibilidades dun sistema “de verdade”, como wordpress por exemplo.
Tamén hai que explicar outra vez -para que quede ben claro- que un sistema gratuíto de publicación on-line pode ter o seu lugar: desde o meu punto de vista pode ser axeitado para un blogueiro aficionado, por exemplo.
Pero aquí escribimos para PYMES, autónomos e proxectos locais, e desde este punto de vista o emprego dun sistema gratuíto non é conveniente… malia que nas páxinas de calquera destes sistemas nos digan que todo é maravilloso.
Para quen queira contrastar ou ampliar deixo algúns enlaces a páxinas que veñen decir o mesmo que eu comento neste artigo:
https://www.marketingandweb.es/marketing/crear-una-pagina-web-gratis-o-un-blog/
https://www.despachotres.com/blog/pagina-web-gratis/
https://www.elegantthemes.com/blog/wordpress/reasons-free-websites-are-bad
Necesitas Axuda co teu Proxecto?
Aquí publico información sobre un paquete básico para un proxecto local!!
Estructura Básica para Márketing Local
Desde 400€
Esto é unha oferta básica con todo necesario para unha empresa ou proxecto local bote a andar, no que a márketing se refire. A partires de aquí pódense facer melloras, pero en función das necesidades de cada proxecto.
Partimos dunha análise básica do proxecto, para deixar por escrito un documento no que se recollen as accións a realizar. Cada proxecto é único, e require de accións específicas.
Configúranse aspectos esenciais, como son a alta e optimización da nosa ficha nos directorios de Google (o que vai posibilitar que aparezamos correctamente tanto nas búsquedas orgánicas como en Google Maps), e unha páxina web que, ademáis de constituir o escaparate on-line do noso proxecto, é fundamental para asegurar a presencia nos primeiros lugares dos resultados, no momento en que calquera persoa realice unha búsqueda relacionada co produto ou servizo que ofrecemos.
A páxina web realízase sobre WordPress, o sistema máis contrastado e empregado do mundo, que permite infinitas posibilidades de adaptación ás necesidades do noso proxecto. É un sistema que permite unha total escalabilidade, que permite ir medrando a medida que o requiran as nosas necesidades: podemos incorporar desde un blog (opcional, xa incluído no prezo) ata unha completa tenda on-line avanzada ou diversas solucións de comunicación (mail-márketing, formularios, alertas, etc, etc).
Na instalación de wordpress inclúese o tema premium DIVI, unha solución que permite a creación de contidos atractivos, con animacións, efectos, etc, sen necesidade de saber programación.
E formación contínua!! porque, se falamos de márketing, falamos de técnicas que evolucionan rápidamente, todos os días, e van aparecendo constantemente novas solucións e alternativas que poden ser interesantes ou darnos ideas para a promoción do noso proxecto.
– Auditoría previa
Análise básica da situación do proxecto e do entorno: Temos que facer varias preguntas para identificar as necesidades.
– Definición das liñas dun Plan de Márketing
Plasmación, por escrito, das liñas maestras a partires das que se van desenvolver as accións de márketing que se consideren oportunas.
– Configuración GMB
Optimización básica de ficha de Google My Business para a visibilidade do proxecto en buscadores e Google Maps.
– Dominio e Hosting*
Dominio .com, .es, etc, e hosting de alta calidade (espacio no que se almacenan os arquivos que constitúen unha web ou outros sistemas accesibles a tavés de internet) en VPS dedicado.
– Correo Electrónico*
Correo electrónico profesional. Ata 100 contas.
Exemplo: info@miñaempresa.com
– Creación de Páxina Web Premium optimizada
Páxina web coas seccións básicas: Portada, Produtos/Servizos, Blog (opcional), Contacto. Optimizada a medida das necesidades de cada proxecto. Inclúe tema DIVI (valorado en80€/anualmente)
– Formación contínua
Aceso a contidos de formación contínua, á medida das necesidades de cada proxecto.
* Dominio, hosting e correo electrónico son servizos anuais. O prezo é variable: para o hosting de calidade que recomendamos anda sobre os 100€/ano.
Pedir Presuposto
Podes empregar este formulario para pedir un presuposto.
Non hai tratamento automatizado.
Responderase o antes posible!!
Información de Contacto:
Información de Contacto:
Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.