Consello para PYMES: Unha web gratuíta é mala opción

(Traducción automática)

Neste artigo imos explicar varios motivos polos que unha web gratuíta é mala opción. E non podemos decir que non teñan a súa utilidade: poden cumprir para un bloguero aficionado, para un particular… Pero escribimos aquí para PYMES, autónomos, asociacións, etc. Se falamos dun proxecto ao que destinamos recursos, no que traballamos para que medre e se consolide coa intención de gañarnos a vida, entón é mellor fuxir deste tipo de solucións que parecen de balde.

Web gratuíta

Que é unha web gratuíta?

Falamos de servicios de publicación de contidos polos que non pagamos.

Poñemos varios exemplos:

– Constructores gratuítos como wordpress.com, blogger.com, Wix ou Weebly, entre moitos outros.

–  Sistemas de aloxamento gratuíto, como algúns que existen para wordpress e outros sistemas.

Que non son webs gratuítas?

Non falamos de webs gratuítas cando empregamos sistemas open-source polos que non pagamos, como wordpress, drupal, joomla, etc, que instalamos nun servidor propio, polo que si pagamos. Estas solucións non son gratuítas: pagamos por un hosting -un espacio nun disco duro no que gardamos os arquivos que conforman, por exemplo, a nosa web- que debería ser de calidade para garantir a accesibilidade desde calquera lugar do mundo a través de internet.

Motivos polos que unha web gratuíta é mala opción

Poden ser unhas mellor que outras, pero a tendencia é esta… tenden a ser malas.

Van aquí os motivos:

Baixo Rendemento

As páxinas gratuítas teden a ser lentas. Tardan en cargar, e este é un factor que afecta enormemente ao SEO (a visibilidade da páxina en buscadores) e, o que aínda é peor, á experiencia do usuario.

Escalabilidade

hai un grave problema de escalabilidade en dous sentidos: dunha banda, é importante ampliar a capacidade do hosting a medida que a nosa páxina crece. Iremos tendo máis usuarios, máis visitas, e os requisitos do sistema tenden a medrar.

Doutra banda, iremos precisando unha adaptación á actividade do noso proxecto. Os sistemas gratuítos non teñen a versatilidade, neste sentido, que pode ter un sistema como é por exemplo wordpress.

Funcionalidades limitadas

Esta limitación, dependendo de cada web gratuíta, afecta normalmente á capacidade para adaptar estéticamente a páxina web; ás limitacións coas que nos atopamos para crear, escalar e xestionar unha tenda on-line; ou ás limitacións que atopamos nas ferramentas para xestionar o SEO.

Dominio Propio

Un dominio propio é barato. E o máis importante é que transmite confianza.Non é o mesmo un dominio do tipo omeuproxecto.com que omeuproxecto.blogger.com, por exemplo…

Control Limitado

Este problema pode ser mais ou menos grave: pode ir desde a falta de datos de análise (importantes para medir o funcionamento do sitio e tomar decisións) ata a dificultade para migrar a outra plataforma ou, incluso -no peor dos casos- que decidan suspendernos a web e que quedemos sen nada, e sen que teñamos moita marxe de maniobra.

En realidade non son gratuítas

Unha web gratuíta en realidade non é gratuíta. O negocio ten que estar nalgures… Normalmente ven por dúas vías: ou ben insertan anuncios na nosa páxina (que non poderemos controlar demasiado), ou ben a plataforma vende os nosos datos.

Poderiamos decir aínda máis motivos… Coido que estos xa son suficientes. Tamén compre decir que non toda a oferta de sistemas que ofrecen unha web gratuíta fallan en todo o que aquí decimos: Os hai que salvan un ou dous dos problemas que mencionamos, pero non chegan nunca a ofrecer as posibilidades dun sistema “de verdade”, como wordpress por exemplo.

Tamén hai que explicar outra vez -para que quede ben claro- que un sistema gratuíto de publicación on-line pode ter o seu lugar: desde o meu punto de vista pode ser axeitado para un blogueiro aficionado, por exemplo.

Pero aquí escribimos para PYMES, autónomos e proxectos locais, e desde este punto de vista o emprego dun sistema gratuíto non é conveniente… malia que nas páxinas de calquera destes sistemas nos digan que todo é maravilloso.

Para quen queira contrastar ou ampliar deixo algúns enlaces a páxinas que veñen decir o mesmo que eu comento neste artigo:

https://www.marketingandweb.es/marketing/crear-una-pagina-web-gratis-o-un-blog/

https://www.despachotres.com/blog/pagina-web-gratis/

https://www.elegantthemes.com/blog/wordpress/reasons-free-websites-are-bad

 

Necesitas Axuda co teu Proxecto?

Pedir Presuposto

Podes empregar este formulario para pedir un presuposto.

Non hai tratamento automatizado. laughing

Responderase o antes posible!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Solicitar un Presuposto
Podes escribir unhas palabras sobre o que necesitas!!

Información de Contacto:

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

Narahío, San Sadurniño

15576 A Coruña

Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial).
Máis información na páxina de Política de Privacidade.

Outras Entradas de Interese

SEO para comercios e proxectos locais

SEO para comercios e proxectos locais

Actualizado o 08/01/2021 Internet posibilita unha enorme visibilidade para proxectos locais, que a través deste medio poden incluso contar con algunhas ventaxes sobre empresas máis grandes. Pero, ¿que é o que temos que facer para ser visibles en internet? Tratamos de...

leer más
9 estratexias eficaces de marketing local para a pequena empresa

9 estratexias eficaces de marketing local para a pequena empresa

Xa estamos no 2021, polo que non hai escasez de estratexias de mercadotecnia baratas, eficaces e fáciles de implementar, coas que podemos chegar a nosa audiencia.
Falamos aquí de nove estratexias de eficacia probada que, se as implantamos correctamente, poden mellorar a visibilidade do noso proxecto.

leer más
Traducir »