Software de Xestión
ERP/CRM específico para PYMES e Autónomos
Implantación dun sistema completo que integra a xestión comercial, facturación, control de almacéns, etc. Completamente adaptable para o 90% das necesidades de PYMES e autónomos.
UNHA BASE SÓLIDA E LÓXICA PARA MEDRAR
Toda a Facturación
Toda a facturación agrupada: O que hai que presentar en declaracións trimestrais e anuais en tres clicks. Configurable a medida.
Xestión Comercial
Xestión de presupostos, contratos, contratos, intervencións… Configurable á medida das necesidades de cada proxecto.
Produtos e Servicios
Produtos e servizos configurables. Permite automatizar a realización de presupostos, facturas, pedidos, etc.
CRM: Xestión de Clientes
Datos e estadísticas de clientes e clientes potenciais, para a identificación de novos proxectos e oportunidades.
O que inclúe
Un CRM
Un CRM (Content Relationship Managment) é un software que serve para xestionar a relación cos nosos clientes e clientes potenciais ou prospectos.
A partires da base de datos que creamos e xestionamos a través desta ferramenta, podemos organizar unha parte moi importante da comunicación cos nosos clientes e prospectos.
Un ERP
Un ERP (Enterprise Resource Planning) é un software que serve para xestión dos distintos ámbitos da empresa que son necesarios para o seu funcionamento: xestión comercial (presupostos, pedidos…), xestión financieira (facturación, xestión de contas bancarias…), xestión de almacéns (produtos, stocks, …), axenda, envíos, domiciliacións, etc, etc. O deseño modular do sistema permite a configuración a medida, para cada necesidade concreta.
Un Sistema open-source
Adaptado ás nosas necesidades
Adaptar un sistema deste tipo require coñecementos de xestión empresarial e certa experiencia:
Despois de anos de uso e de bastantes sistemas instalados en distintos sectores, a porcentaxe de éxito segue a ser do 100%
Ventaxes do sistema on-line
On-line quere decir que require dun servidor propio: Utilízase normalmente o mesmo hosting que temos para a nosa web, e polo mesmo prezo que pagamos por aloxar a nosa páxina, correos electrónicos, etc, podemos dispor tamén do noso sistema de xestión.
Ao telo instalado deste xeito obtemos dúas ventaxas principais:
– Copias diarias da nosa base de datos. Non imos perder nunca os nosos datos, pero si é importante elexir un proveedor de hosting de calidade. Non recomendo para esto hostings do tipo 1&1, ou solucións barateiras que despois van fallar na accesibilidade, ou que non nos van proporcionar unha copia de seguridade fiable.
– Acceso desde calquera parte e desde calquera dispositivo. Podemos acceder desde casa, desde unha cafetería co noso portátil, ou desde donde estemos cun simple teléfono móvil. Moitos propietarios, autónomos, etc, valoran enormemente esta característica, e para os comerciais que acceden para xestionar visitas e presupuestos é algo impagable.
– Seguridade máxima. As conexións ao servidor se cifran, igual que se cifran as conexións que realizamos coa nosa banca on-line, por exemplo. A información coa que xestionamos o noso proxecto está tan segura como a nosa información bancaria.
– Aforro. Un hosting nun servidor ten un custo anual, pero o necesitamos para dar a coñecer o noso proxecto a través da nosa páxina web. Aproveitamos este espazo para instalar un sistema de xestión on-line, e deste xeito aforramos. Un sistema de xestión on-line non ten máis custo anual que o que xa pagamos polo noso hosting.
Módulos principais
• Catálogo de clientes e/o clientes potenciais e/o proveedores
• Anuario de clientes, clientes potenciais, proveedores
• Anuario de contactos físicos
• Xestión de contas bancarias/Cajas
• Xestión de presupostos
• Xestión de pedidos
• Xestión de contratos de servicio
• Xestión de facturación
• Xestión de stock
• Control de pagos
• Domiciliacións bancarias
• Xestión de envíos
• E-Mailing
• Funcións de exportación
• Axenda
As Prestacións que Ofrece
É un sistema modular, que hai que configurar á medida das necesidades do usuario.
– Xestión comercial
Xestión de terceiros ( clientes, clientes potenciais e proveedores ), elaboración e xestión de presupostos, axenda comercial, etc.
– Xestión de produtos e servicios
Xestión de almacéns, stocks, entradas de produtos, xestión de pedidos a proveedores, etc, etc.
– Sistema de facturación e contabilidade básica
Control de compras e ventas, modos e formas de pago, xestión de bancos, xeneración de informes, etc.
Algunhas características importantes:
Ampliable e personalizable
Pódese ampliar con distintos módulos, algúns de balde e outros de pago… Por exemplo, é posible instalar unha TPV para comercios que mellora enormemente a TPV básica, a que ven de serie; ou tamén é posible sincronizalo con tendas on-line para unificar a xestión de prezos e stocks.
Sistema Multiusuario
Permite a creación de diferentes usuarios con diferentes capacidades ou roles. Hai un administrador, como mínimo, que accede a todas as funcións do sistema. Este administrador é quen establece os permisos para o resto dos usuarios: Os comerciais no teñen que acceder á información de bancos ou pagos a proveedores, por exemplo.
Sistemas de Xestión
Implantación de ERP / CRM
Sistema completo e adaptable que integra a facturación, xestión comercial (terceiros, presupostos...), control de almacéns, TPV, etc, etc.
Marketing
Para proxectos locais
Solucións a medida, escalables, desde unha páxina web para un posicionamento on-line ata solucións específicas (mailing, e-commerce, integración off-line, etc).
Información e Formulario de Contacto:
Non se comparten datos con terceiros: Únicamente se empregan cos fines comerciais relacionados (creación de ficha de cliente e o envío de información comercial). Máis información na páxina de Política de Privacidade.