Deseño e posta en marcha de proxectos
Da idea ao proxecto: análise de necesidades e oportunidades, definición do produto ou servizo, modelo económico, viabilidade, recursos e planificación da posta en marcha.
Desenvolvemento comercial e organizativo
Para proxectos que xa están funcionando: oferta, clientes, comercialización, procesos, organización e acompañamento á dirección.
Ferramentas, comunicación e dixitalización
Web, contidos, CRM/ERP, automatización e ferramentas prácticas para organizar, comunicar e facer medrar o proxecto.
Empresas, iniciativas e territorio
Teño especial interese nos proxectos de desenvolvemento local e rural nos que se combinan actividade económica, servizos, territorio e comunidade.
A experiencia acumulada, tanto neste ámbito como na xestión de empresas, permíteme achegar unha visión práctica para definir a necesidade, deseñar unha proposta útil, analizar a súa viabilidade, ordenar os recursos dispoñibles e acompañar a posta en marcha.
Non se trata de quedar só na idea ou no plan, senón de pensar desde o principio en como facelo funcionar.













