
Desde a definición da idea, o produto ou servizo e a súa viabilidade ata a organización comercial, os procesos e as ferramentas necesarias para facelo funcionar: Deseño e viabilidade · Planificación · Dirección comercial externa · Procesos · CRM/ERP · Dixitalización práctica
Bo produto e boa reputación son esenciais. Despois son os procesos internos os que marcan a diferenza.
Axudo a converter ideas en proxectos viables e a mellorar organizacións que xa están en marcha.
Podo entrar nas primeiras fases, cando hai que definir ben o produto ou servizo, analizar a súa viabilidade, ordenar prioridades e planificar os primeiros pasos; ou máis adiante, cando o reto está en vender mellor, organizar procesos, coordinar equipos ou implantar ferramentas que faciliten o traballo.
Definición da proposta, análise de necesidades, modelo de funcionamento, planificación, custos, ingresos e primeiros pasos para poñer o proxecto en marcha.
Oferta, clientes, vendas, seguimento comercial, procesos internos, responsabilidades e apoio á dirección.
CRM, ERP, web, automatización e outras ferramentas dixitais pensadas para resolver problemas concretos, non para engadir complexidade.
Levo máis de vinte anos traballando entre empresas, iniciativas emprendedoras e proxectos vinculados ao territorio.
Comecei a miña traxectoria profesional en proxectos de economía social e desenvolvemento local, participando na creación, posta en marcha e consolidación de novas iniciativas. Nos anos seguintes traballei directamente dentro de empresas, asumindo responsabilidades comerciais, organizativas, de comunicación, dixitalización e xestión.
Esa combinación permíteme mirar un proxecto desde dous puntos de vista: o de quen necesita definir unha idea e facela viable, e o de quen despois ten que conseguir que funcione cada día.
Traballo especialmente ben en situacións nas que hai que conectar áreas que normalmente aparecen separadas: produto, mercado, persoas, procesos, comunicación e ferramentas.
Non creo demasiado nos plans que terminan nun caixón nin nas solucións estándar aplicadas sen entender antes o problema. Prefiro traballar preto das persoas que están detrás do proxecto, comprender o contexto e avanzar de forma práctica.
Analizar a situación, as necesidades, os recursos dispoñibles e os condicionantes reais.
Converter ideas e problemas pouco concretos en obxectivos, prioridades, números, responsabilidades e pasos asumibles.
Levar as decisións á práctica: procesos, ferramentas, comunicación, comercialización e organización.
Revisar resultados, detectar problemas, facer axustes e conseguir que o proxecto funcione e mellore.