Traballo con pemes industriais e empresas técnicas que queren vender máis e funcionar mellor.

Dirección comercial externa · Procesos · CRM/ERP · Contidos · SEO · Dixitalización práctica

Bo produto e boa reputación non sempre chegan. Ás veces o freo está dentro.

O que fago

Entro nunha empresa, escoito, e poño en marcha o que fai falta.

Estruturo equipos comerciais, deseño procesos, implanto ou melloro CRM e ERP, creo contido sectorial, traballo o SEO técnico e integro ferramentas dixitais no día a día da empresa.

Sen receitas universais. Con coñecemento real do negocio.

Traballo en acompañamento mensual, como apoio externo á dirección comercial. Non como unha axencia.

Experiencia

Levo máis de dez anos traballando con empresas reais en Galicia. Non desde unha axencia — desde dentro.

Nos últimos anos acompañei dúas empresas galegas nun proceso de transformación comercial e dixital. Sectores distintos, situación de partida similar: vendas estancadas, procesos pouco definidos, ferramentas pouco integradas e moito coñecemento interno que podía aproveitarse mellor.

Resultado en ambos os casos: crecemento sostido do 30-50% anual durante catro anos consecutivos. Equipos máis estables, procesos documentados e ferramentas integradas no día a día.

O importante non foi só vender máis. Foi deixar unha organización máis preparada para seguir medrando.

Como traballo

Primeiro escoito. Falo coas persoas que venden, atenden, presupostan, instalan, administran ou toman decisións. Quero entender como funciona a empresa antes de propoñer nada.

Despois ordeno. Identifico onde se perden oportunidades, que procesos necesitan máis claridade, que ferramentas poden axudar e que comunicación necesita mellorar.

E logo executo. Podo asumir parte do traballo, coordinar equipos ou acompañar a dirección para que as melloras non queden nun documento.

Traballo mellor con empresas que queren implicarse no cambio, non delegar un problema para esquecerse del.

 

CONTIDO RESTRINXIDO

Podes acceder, se xa tes unha conta, neste enlace: Acceso

___________________

 

Queres acceder a formación específica?

Son contidos creados para a mellora da comunicación

e a visibilidade dos proxectos cos que traballo.

Ponte en contacto e o miramos!!

 

___________________

 

 

Tel. 675 89 01 63

info@xan-martinez.com

 

___________________